Airbus Beluga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 26:
Debido á súa historia e estrutura, [[Airbus]] ten diferentes centros de produción repartidos por toda [[Europa]], cada un dos cales produce unha parte do avión, que ten que ser trasladada para ser unida ás demais partes na planta final de ensamblaxe. Aínda que a carga de traballo de cada centro varía segundo o modelo, polo xeral distribúense do seguinte xeito: as ás fabrícanse en [[Reino Unido]], o estabilizador horizontal e as portas en [[España]], a fuselaxe en Alemaña e a sección central e a parte dianteira en [[Francia]], as cales son unidas en [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Hamburgo]], [[Filton]] ou [[Sevilla]] segundo o modelo e versión.
 
Nun principio os compoñentes levábanse por terra ou por barco, pero o incremento da produción fixo necesario transportalos por aire. Para elo [[Airbus]] mercou en [[1972]] catro [[Aero Spacelines Super Guppy|Super Guppy]] (conversións do [[Boeing 377]]), que pertenceran ao programa espacial Apolo da [[NASA]]. Pero os Super Guppy non deron o resultado que se agardaba, e debido á súa antigüidade tiñan un alto custe de mantemento, ademais a súa capacidade non era suficiente para satisfacer a velocidade de produción das factorías de [[Airbus]]. Para solucionararranxar estosestes problemas creouse o Beluga.
 
En [[1991]] Aérospatiale e DASA, dous dos principais participantes en [[Airbus]], comezaron a desenvolver o substituto dos Super Guppy. O punto de partida foi o modelo de fuselaxe ancho [[Airbus A300]]: as ás, motores, tren de aterraxe, e a parte baixa da fuselaxe son os mesmos que os do A300, mentres que a parte superior da fuselaxe é unha enorme estrutura en forma de ferradura de de 7,7 metros de diámetro. Para facilitar o acceso á zona de carga dende a parte frontal sen ter que desconectar os sistemas eléctricos, hidráulicos e de control de voo, a cabina do A300 foi movida cara abaixo, e a estrutura de cola foi ampliada e reforzada para manter a estabilidade direccional.