Oskar Schindler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 15:
== Durante a Guerra ==
[[Ficheiro:Schindlers factory Brnenec CZ 2004b.JPG|miniatura|dereita|250px|Fábrica de Schindler en Brněnec]]
Foi un oportunista e hábil home de negocios e non ocultaba a súa afección polas mulleres, as festas e a vida bohemia. Estaba casado con Emilie quen, malia os seus devaneos, profesáballe unha profunda admiración e respecto. Schindler foi reclutadorecrutado polas SS como informante por un tempo por ser coñecedor dos contactos de comerciantes polacos e xudeus adiñeirados, aproveitándose diso para gañarse a estímaa das altas esferas nazis. Os oficiais nazis vían en Schindler non só a un simpático e agradable donxoán, senón tamén a unha fonte para proverse ocultamente nas festas de damas da alta sociedade alemá, apreciadas pezas e artiluxios do mercado negro. Schindler, grazas a estes contactos, viu unha oportunidade de lucrarse cun negocio durante a invasión de [[Polonia]] en [[1939]], que deu comezo á [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Schindler adquiriu a un baixo prezo unha fábrica en Cracovia, á que nomeou Deutsche Emaillewaren-Fabrik. Esta fábrica coas súas instalacións intactas dedicábase á confección de olas e utensilios de cociña en tempos de paz, pero Schindler adaptou a produción para abastecer á Wehrmacht con utensilios de campaña. Como a man de obra xermana resultaba cara e ademais escasa, resolveu negociar co comandante do campo de labores de Plaszow, o coronel das SS Amon Goeth. Dende este campo enviábanse trens con xudeus seleccionados para os campos de exterminio de Auschwitz, Treblinka e Sobibor.