Mitre 10 Cup: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
A '''ITM Cup''' (anteriormente ''National Provincial Championship'') é o campionato nacional de liga de [[rugby]] en [[Nova Zelandia]]. É unha competición que adoita comezar en Xullo e rematar en Outubro ou comezos de Novembro.
 
A primeira edición tivo lugar no ano 1976, e xa ten pasado por varios formatos na súa historia. En 2006 fíxose o último troco para crear dúas divisións, chamándose '''''ITM Cup''''' exclusivamente á categoría principal, composta por 14 equipos, e quedando os restantes 12 clubes da antiga competición nun campionato non profesional de inferior categoría. Estes 14 equipos son representantes das súas respectivas federacións rexionais, como un campionato entre provincias.
 
2010 é a primeira tempada na que o torneo se chama ITM Cup, por motivos de patrocinio. Ata o ano pasado foi coñecida como ''Air NZ Cup'' polo mesmo motivo.
 
O alto nivel dos xogadores que participan nesta liga fai que se poida comparar coa [[Aviva Premiership|Premiership]] inglesa, o [[Top 14]] francés, a [[Currie Cup]] surafricana ou a [[Pro12]].
 
No hemisferio Sur o calendario rugbístico está disposto de tal xeito que os campionatos nacionais de [[Currie Cup|Suráfrica]] e Nova Zelandia non coincidan no tempo co potentísimo torneo do [[Super Rugby]], de xeito que os mesmos xogadores que destacan na '''ITM Cup''' adoitan ser convocados mais adiante para disputar o '''Super Rugby''' nalgún dos 5 equipos neocelandeses.
Liña 112:
 
{{Competicións entre Clubes de Rugby}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Competicións de rugby]]