Voivodina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 61:
A '''Provincia autónoma de Voivodina''' (en [[serbio]]: ''Аутономна Покрајина Војводина'' ou ''Autonomna Pokrajina Vojvodina'', en [[húngaro]]: ''Vajdaság Autonóm Tartomány'', en [[eslovaco]]: ''Autonómna Pokrajina Vojvodina'', en [[Lingua romanesa|romanés]]: ''Provincia Autonomă Voivodina'', en [[croata]]: ''Autonomna Pokrajina Vojvodina'') é unha das provincias coas que conta [[Serbia]], ao norte do país. A capital e principal cidade é [[Novi Sad]], sendo a segunda cidade en importancia [[Subotica]].
 
A Voivodina é diversa etnicamente falando, habitando na rexión máis de 26 grupos distintos. Hai 6 idiomas oficiais.
 
== Etimoloxía ==
O nome Voivodina en serbio significa ''voivodato'' (territorio gobernado por un voivoda, equivalente a un duque). O nome hitórico era ''provincia serbia do voivoda'', pero desde que depende de Serbia o epíteto "serbio" foi eliminado. En serbio a voz ''Vojvodina'' presenta unha variante, ''Vojvodstvo'', que é o equivalente á palabra [[lingua polaca|polaca]] ''województwo'' que significa ''provincia''.
 
== Historia ==
Liña 77:
Despois da conquista de Serbia polos otománs en [[1459]], déspotas serbios rexeron zonas da Voivodina como vasalos dos reis húngaros. A sede estaba fixada en [[Kupinik]] (hoxe en día [[Kupinovo]]) en Syrmia.
 
Tras a [[batalla de Mohács]] e a caída do reino de Hungría en mans otomanas, a rexión sumiuse nun preríodo de anarquía e guerras civís. En [[1526]] o emperador [[Jovan Nenad]], líder dos mercenarios serbios, estableceu o seu poder en Bačka, o norte do Banato e unha pequena parte de Syrmia. Creou un estado independente efémero, con capital en [[Subotica]]. Jovan Nenad aproveitou a situación para proclamarse emperador serbio, coa vantaxe da confusión política e militar que había daquela. A nobeza húngara uniuse ás forzas contrarias ao emperador e venceron ás tropas serbias no verán de [[1527]]. O emperador foi asasinado e o estado desapareceu. Unhas décadas máis tarde a rexión pasou a formar parte do [[Imperio Otomán]], que gobernou a zona ata fins do s.XVII e primeiros do s.XVIII cando pasou a ser dependencia dos Habsburgo.
 
[[Ficheiro:Vojvodina03.png|miniatura|250px|esquerda]]
Liña 102:
 
== Xeografía ==
A rexión está dividida polo [[río Danubio]] e o [[río Tisa]] en [[Bačka]] ao noroeste, o [[Banato serbio|Banato]] ao leste e [[Syrmia]] ao suroeste. Unha pequena parte de [[Mačva]] está tamén na Voivodina. Hoxe en día a parte occidental de Syrmia pertence a [[Croacia]], a parte norte de Bačka é húngara, e a parte oriental do Banato está en territorio romanés. A área total da Voivodina é de 21.500  km².
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Serbia]]