Naqsh-e Rostam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q648705
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro: Tonbeaux-achemenides.JPG |miniatura|dereita|Naqsh-e Rostam, preto de [[Shiraz]]]]
'''Naqsh-e Rostam''' ou Nakhsh-i-Rostam ou Naqs-i-Rustam ([[lingua persa|persa]] نقش رستم, Naqš-e Rostam) é un sitio [[arqueoloxía|arqueolóxico]] situado a uns 3  km ao noroeste de [[Persépole]], na provincia de [[Fars]] en [[Irán]]. Este emprazamento é chamado ''Næqš-e Rostæm'' "o retrato de Rostam", porque os persas pensaban que os baixorrelevos [[Imperio Sasánida|sasánidas]] baixo as tumbas representaban a [[Rostam]], un heroe mitolóxico persa.
 
É unha parede rochosa que contén catro tumbas reais [[aqueménida]]s rupestres, cruciformes e con baixorrelevos. Unha destas, segundo as inscricións que presenta, sería a tumba de [[Darío I]]. As outras tres tumbas que se atopan a rentes da de Darío I, serían as de [[Xerxes I]], [[Artaxerxes I]] e [[Darío II]] mais non levan ningunha inscrición que permita identificalas con certeza. Atópase na montaña de detrás de [[Persépole]] outras dúas tumbas semellantes, pertencentes probablemente a [[Artaxerxes II]] e [[Artaxerxes III]], o mesmo que unha tumba inacabada que podería ser a de [[Arsés]], ou máis seguramente de [[Darío III]], o derradeiro rei da dinastía aqueménida, que foi derrocado por [[Alexandre Magno]].
 
A tumba de Darío é un dos dous modelos de [[tumba]]s que existiron no [[Arquitectura medo-persa|arte persa]] do [[Aqueménida|período aqueménida]]. Trátase dunha tumba escavada na rocha como os [[hipoxeo]]s [[Arte do Antigo Exipto|exipcios]]. O outro modelo é o da tumba de Ciro en [[Pasargadas]],
 
Hai tamén sete grandes baixorrelevos na rocha de Naqsh-e Rustam, baixo as tumbas, esculturas mandadas polos reis sasánidas.
 
Fronte á rocha atópase [[Ka'ba-i-Zartosht]], un monumento zoroástrico. Na extremidade do sitio atópanse dous pequenos altares de lume.
Liña 26:
===Bibliografía===
*[http://www.iranchamber.com/history/historic_periods.php Iran Chamber Society] {{en}}.
* Azcárate Ristori, J. M.ª de, e outros, ''Historia del arte'', Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9 {{es}}.
 
===Ligazóns externas===
Liña 34:
* (en francés) [http://www.iran-info.fr/tombeaux-photos.php Tumbas de Naqsh e Rostam en fotos]
* (en inglés) [http://www.livius.org/a/iran/naqshirustam/achaemenid.html Naqsh-i Rustam]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Irán]]