Dinastía Merovinxia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{Historia de Francia}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Merovinxios}}
 
'''Dinastía Merovinxia''', familia de estirpe xermánica que gobernou a actual [[Francia]] e parte de [[Alemaña]] entre os séculos [[século V|V]] e [[século VIII|VIII]]. Eran descendentes de [[Meroveo]], xefe militar franco, fundador da dinastía. [[Clodoveo I]] ([[466]] ? - [[511]]) foi o primeiro monarca da dinastía.
 
Á súa morte o reino franco foi dividido entre os seus fillos, segundo o costume dos merovinxios. Outro monarca destacado da dinastía foi [[Dagoberto I]] (?- [[639]]) que logo de moitos anos de división territorial, volveu unir os reinos francos baixo o seu goberno. Despois de [[Dagoberto I]], o poder dos merovinxios foise disgregando e a medida que pasou o tempo, os [[Mordomo de palacio|Mordomos]] de palacio acabaron por seren os verdadeiros dirixentes do reino franco. Os mordomos de palacio [[Carlos Martel]], e o seu fillo [[Pipino o Breve]] (fundador da [[dinastía Carolinxia]]), acabaron co poder dos monarcas merovinxios e Pipino destronou ao último rei merovinxio, [[Khilderico III]], para se proclamar rei dos francos. A dinastía merovinxia, foi substituída entón pola [[dinastía Carolinxia]].
Liña 19:
== Ascendencia Divina ==
 
En varios textos especulouse sobre a orixe dos merovinxios, aludindo que en realidade se trataría dunha suposta descendencia dunha suposta filla de [[Xesús Cristo]] e [[María Magdalena]].
 
Esta teoría, baseada só en lendas e tradicións medievais do sur da actual Francia, foi popularizada no bestseller "Sangue santo, Santo grial" escrito por [[Michael Baigent]], [[Richard Leigh]] e [[Henry Lincoln]] e, sobre todo, pola novela bestseller de [[Dan Brown]], ''[[O código da Vinci]]''. Tamén [[Umberto Eco]] fai uso da mesma n’''[[O péndulo de Foucault]]'', aínda que, como se menciona, son só novelas, textos de ficción.
 
A teoría postula que [[Xesús]] tivo descendencia con María Magdalena, tendo unha filla, e que esta migrou desde [[Xudea]] ao sur de [[Francia]], desde onde se desenvolveu unha liñaxe cuxa estirpe chegou ao poder do reino franco cos Merovinxios.
 
Neste sentido, a nivel de estudos [[xenético]]s, no ano 2006, o programa televisivo "Buscando a verdade" (Digging for the Truth) da canle [[The History Channel]], realizou unha análise xenética de ''Aragunda'', quinta esposa de [[Clotario I]]; co fin de probar ou descartar que a liñaxe descende de Xesús ou María Magdalena. O resultado da análise concluíu que a liñaxe correspondente á Dinastía Merovinxia era só de orixe europea, e non estaba relacionada xeneticamente con ningunha das poboacións do medio oriente; o cal descarta a veracidade da lenda francesa sobre a suposta descendencia de Xesús e María Magdalena.
 
Os historiadores indican que posibelmente naceu esta lenda para lograr atribuírlle divindade aos merovinxios, e que deste xeito estes puidesen gobernar sen obxeccións, xa que posuirían un dereito divino para iso.
Liña 36:
 
{{Historia de Francia}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis dos francos]]
[[Categoría:Historia de Francia]]