Taxonomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 9:
A '''[[taxonomía biolóxica]]''' nace da necesidade de poñer orde nos máis de 5 millóns de especies de seres vivos que temos no planeta, para iso, esta ciencia ordénaos, descríbeos e clasifícaos tomando como unidade fundamental a [[especie]]. Ademais desta categoría existen outros rangos que de maior nivel que son os seguintes: [[Dominio (Bioloxia)|Dominio]], [[Reino (bioloxía)|Reino]], [[Filo]] ou [[Phylum]] ou [[división (botánica)|División]] (en plantas), [[Clase (bioloxía)|Clase]], [[Orde (bioloxía)|Orde]], [[Familia (bioloxía)|Familia]], [[Tribo (bioloxía)|Tribo]], [[Xénero (bioloxía)|Xénero]], [[Especie]] e Subespecie, niveis entre os que se poden inserir outros, tales como: subphylum, superorde, subfamilia etc.
 
Pódese dicir que a taxonomía biolóxica comenzou grazas aos traballos do naturalista sueco [[Carl von Linné]] (Linneo) (1707-1778), que foi quen creou o sistema de clasificación que aínda hoxe estase a empregar e que está baseado nos diferentes taxons dispostos en orde xerárquica.
 
Na '''[[taxonomía filoxenética]]''' (ou [[cladística]]), os organismos poden ser clasificados en [[clados]], que son as diferentes pólas da árbore filoxenética proposta para agrupar os seres vivos, é dicir, un clado pódese interpretar como un conxunto de especies emparentadas por un antecesor común. Os clados pódense representar nun [[cladograma]]. Un taxón é un clado que foi situado nunha categoría taxonómica, ao que se lle outorgou un nome en latín, fíxose unha descrición do mesmo e asocioúselle un exemplar “tipo” e logo foi publicado nunha revista científica. Cando se fai todo isto, o taxón ten o nome axeitado. A [[Nomenclatura]] é a subdisciplina que trata de regulamentar estes pasos, e ocúpase de que se ateñan aos principios de nomenclatura científica internacional. Os sistemas de clasificación resultantes funcionan como contedores de información por unha banda, e como preditores pola outra. Unha vez está determinado o sistema de clasificación, extráense os caracteres diagnósticos de cada taxón, que se organizan en grandes libros chamados [[Claves de Identificación]], que son empregados na disciplina da [[Determinación]] ou identificación de organismos, e que sitúa a un organismo descoñecido nun taxón coñecido do sistema de clasificación dado.
Liña 15:
As normas que regulan a creación dos sistemas de clasificación son un pouco arbitrarias. Para comprender esas arbitrariedades (por exemplo, a nomenclatura binomial das especies e a uninomial das categorías superiores a especies, ou a cantidade de categorías superiores á especie, ou a cantidade de categorías taxonómicas e os nomes das mesmas) é necesario estudar a Historia da Taxonomía, que nos deixaron como herdanza os [[Códigos Internacionais de Nomenclatura]] aos que deben aterse os sistemas de clasificación. Hoxe estase a debater se cómpre facer reformas substanciais nos Códigos, habendo propostas como son a “[[taxonomía libre de rangos]]”, as “marcas de ADN” etc.
 
Unha escola taxonómica minoritaria é a que considera que os grupos [[parafilético]]s tamén deberían ter a posibilidade de ser convertidos en taxóns, se os grupos que os conforman son o suficientemente semellantes entre si e o suficientemente diferentes do clado que queda fóra (escola evolucionista). Un exemplo clásico dun grupo parafilético que algúns taxónomos consideran un taxón, é o das [[algas verdes]], parafiléticas respecto ás plantas terrestres (todas xuntas formarían o clado das plantas verdes). Un dos expoñentes actuais desta escola é o investigador [[Cavalier-Smith]].
 
Outra escola minoritaria, chamada [[fenética]], está encabezada por investigadores como [[Sokal]], que pregoaba que era imposible coñecer a filoxenia dos organismos coa información que se recollía, debido a que os razoamentos facíanse circulares (a morfoloxía determinaba as relacións de parentesco, e coas relacións de parentesco interprétase a morfoloxía)e a información incompleta. Estes investigadores escollían facer clasificacións baseadas exclusivamente na cantidade de caracteres semellantes entre os organismos, sen inferir ningunha historia evolutiva detrás deles (tal e como fora plantexada orixinalmente a taxonomía, antes da teoría da evolución de [[Darwin]]). Esta escola perdeu recentemente forza coa chegada das análises de ADN e coa mellor interpretación do rexistro fósil que temos hoxe en día.
Liña 25:
No terreo educativo temos a [[taxonomía de Bloom]], unha clasificación dos obxectivos do proceso educativo elaborada polo pedagogo norteamericano Benjamin Bloom que distingue tres dominios ou "categorías" de actividades educativas e seis niveis xerárquicos de comportamento intelectual.
 
Outras taxonomías, como as analizadas por [[Émile Durkheim|Durkheim]] e por [[Claude Lévi-Strauss|Lévi-Strauss]], son chamadas ás veces [[taxonomías populares]] (''folk taxonomy'') para distinguilas das taxonomías científicas, que afirman que están separadas das relacións sociais e polo tanto son obxectivas e universais.
 
A '''Baraminoloxía''', a alternativa creacionista á cladística, é un sistema que enfatiza a reprodución illada. Por exemplo, estes grupos a miúdo toman os mamíferos como unha clase separada dos outros vertebrados.
Liña 39:
Xa no [[século XVIII]] a taxonomía recibiu un empurrón definitivo grazas ó naturalista sueco [[Carl von Linné]] (Linneo) que tiña a ambición de nomear a tódolos animais, plantas e minerais coñecidos da época. No ano [[1753]] escribiu o libro ''Species Plantarum'' (“Os tipos de plantas”), no que cada tipo de planta era descrito cunha frase cun máximo de 12 palabras (polinomios). Ademais engadiu outra innovación que xa fora empregada antes por Castpar Bauhin (1560-1624): a nomenclatura binomial ou binomios, como o “nome curto” das especies. Nas marxes do seu ''Species Plantarum'', seguido do nome axeitado polinomial de cada especie, escribiu unha soa palabra. Esta palabra, combinada coa primeira palabra do polinomio (hoxe chamada xénero), formaba un nome maís doado de lembrar e curto para cada especie.
 
A [[nomenclatura binomial]] para identificar de xeito unívoco as especies resolvía así os problemas producidos pola variedade de nomes locais. Ó mesmo tempo Linneo propuxo un esquema xerárquico de clasificación, onde as especies moi semellantes se poideran agrupar nun mesmo xénero, os xéneros en familias, e así sucesivamente en ordes, clases, filos e reinos, proporcionando unha imaxe estruturada (como a árbore de Porfirio da metafísica clásica) da relación entre especies. O conxunto dos organismos agrupados segundo as xerarquías anteditas, constitúen os sistemas de clasificación dos organismos que poden ser arbitrarios, se só tentan agrupar os organismos para facilitar a súa determinación de maneira artificiosa, ou naturais, cando as xerarquías se establecen en función das súas semellanzas reais. A palabra “natural” daquela non foi definida cientificamente e no tempo de Linneo só quería dicir que as especies foron creadas “naturalmente” semellantes a algunhas e diferentes doutras. Aínda non xurdira a teoría da Evolución no mundo científico.
 
O termo '''taxonomía''' foi creado en 1813 empregando a devandita grafía polo botánico suizo [[Agustin Pyrame de Candolle]] (1778-1841) na súa ''Teoría elemental da botánica'' ou exposición dos principios de clasificación natural da arte de describir e estudar os vexetais para designar na súa «teoría das clasificacións» o o método e o que el calificou como «bases da botánica filosófica».
Liña 55:
Na práctica, o termo "sistemática" designa tanto o método empregado (por exemplo dirase «a sistemática filoxenética») como o resultado obtido con este método (a «sistemática dos basidiomicetos»). No sentido concreto do resultado, as dúas ciencias diferéncianse pouco e a miúdo confúndense, porque son practicadas simultaneamente polas mesmas persoas. Os taxonomistas foron chamados dende sempre sistemáticos, porque despois de ter estudiado e descrito os organismos, eles intentaron clasificalos a partir do nivel baixo das especies ([[alpha taxonomía]] ou "[[taxonomía primaria]]").
 
Os que empregan sobre todo o sentido do método, sobre todo os filoxenéticos, nomean a miúdo o resultado como clasificación ou incluso "taxonomía".
 
== As categorías taxonómicas ==
 
As [[categorías taxonómica]]s son os diferentes chanzos nos que podería divididirse a clasificación dun ser vivo. As máis importante de todas quizais sexan as que nomean o xénero e a especie, por exemplo: no caso do lobo, ''Canis lupus'' (xénero ''Canis'', especie ''lupus'').
 
As categorías taxonómicas son as seguintes: [[Dominio (bioloxía)|Dominio]], [[Reino (bioloxía)|Reino]], Subreino, [[Filo]] (ou [[división (botánica)|División]], no caso das plantas), Subfilo ou Subdivisión, Superclase, [[Clase (bioloxía)|Clase]], Subclase, Superorde, [[Orde (bioloxía)|Orde]], Suborde, Infraorde, Superfamilia, [[Familia (bioloxía)|Familia]], Subfamilia, [[Tribo (bioloxía)|Tribo]], Subtribo, [[Xénero (bioloxía)|Xénero]], Subxénero e a [[Especie]]. Dentro da especie temos aínda [[Subespecie (Bioloxía)|Subespecie]], Variedade, Subvariedade e [[Raza]].
Liña 65:
== O nome científico ==
 
As especies son nomeadas segúndo o sistema de [[nomenclatura binomial]] creado por Linneo. O nome dunha especie é a combinación dun binomio (expresión de dúas palabras) en latín, onde a primeira, o nome xenérico (en maiúsculas), é compartida polas especies do mesmo xénero, e a segunda, o adxectivo específico, fai alusión a algunha carácterística, propiedade distintiva, unha homenaxe a un científico o outro criterio (e escríbese con minúsculas). Exemplos: ''Senecio jacobea'' (Herba de Santiago), ''Pagellus cantabricus'' (Ollomol).
 
Unha vez fixado, un nome non é substituído por outro sen un motivo taxonómico (exemplo: a [[triquina]] foi bautizada como ''Trichina spiralis'', pero hoxe mudou a ''Trichinella spiralis'') aínda que poida conter algún erro.
Liña 82:
* ''GBIF'' [http://www.gbif.org]
* ''Species 2000'' [http://www.sp2000.org]
* ''Tree of Life'' [http://www.tolweb.org/tree/phylogeny.html]
 
Unha web universal de información taxonómica só xurdirá cando exista unha web na que se obteña a mellor información, a máis completa e actualizada, de contido libre, e "amigable" (user''-friendly''). Entón as demais caerán en desuso. Só nas bacterias esa información está unificada, na seguinte páxina: