Boca de Sauron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
A '''Boca de Sauron''' é, no universo de ficción creado polo [[escritor]] [[Reino Unido|británico]] [[J. R. R. Tolkien]], o nome co que se coñecía ó lugartenente de [[Barad-dûr]], «pois o seu verdadeiro nome ata el o esquecera».
 
É un [[Númenor|númenoreano negro]] con grandes coñecementos de feiticería, «máis malvado que o máis vil dos [[orco (Terra Media)|orcos]]». Entrara ó servizo da Torre Escura facía moitos anos, dende os tempos da segunda reconstrución.
 
Aparece ante a [[Morannon|Porta Negra]], montado nun temible cabalo como «embaixador» ante o desafío dos Capitáns do Oeste, para instar a [[Aragorn|Elessar]] e ós demais señores a que se rendesen ante [[Sauron]], permanecendo como vasalos de [[Mordor]]. Faloulles a [[Gandalf]] e ós demais con palabras cheas de desprezo e odio, e amosoulles a modo de proba, as pezas de roupa que lle confiscaron a [[Frodo Bulseiro|Frodo]] na Torre de [[Cirith Ungol]]. Tras negarse os capitáns a tales condicións, desaparece tralas Portas, dando paso ós exércitos de Sauron. Descoñécese o seu fin, aínda que se intúe que perece durante a caída do seu Amo.
 
== No cine ==