Universidade de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 12:
 
== Historia ==
As orixes da UB remóntanse á época de [[Martiño I de Aragón|Martiño I o Humano]], que quixo outorgar a [[Barcelona]] ''O estudo do medicamento''. Con todo, o [[Consello de Cento|Consello de cento]] de Barcelona (consello municipal) negouse.
 
Durante o reinado de [[Afonso V de Aragón|Afonso o Magnánimo]], en 1450, e previa bula outorgada polo [[Papa]], inaugurouse finalmente a Universidade de Barcelona. Tres séculos máis tarde, no [[século XVIII]], a sede da universidade foi trasladada a [[Cervera]] ([[provincia de Lleida|Lleida]]) en agradecemento aos habitantes por dar apoio a [[Filipe de Anjou]] durante a [[Guerra de Sucesión Española]].
 
En [[1842]] a sede volveu a [[Barcelona]] ocupando uns antigos palacios da rúa do Carme e máis tarde un edificio novo en l'[[Eixample de Barcelona|Eixample]] construído por [[Elies Rogent]]. Noventa anos máis tarde, o goberno da [[Segunda República Española|Segunda República]] outorgou á Universidade autonomía propia, pasándose a chamar '''Universidade Autónoma de Barcelona''' (non confundirse coa actual [[Universidade Autónoma de Barcelona|UAB]]). Pero coa chegada da ditadura de [[Francisco Franco|Franco]], a autonomía foi derrogada en [[1939]], entrando nunha época de decadencia: gran parte do profesorado foi substituído por docentes acordes ao novo réxime que terminou cun período de crise intelectual.
 
A UB foi a única universidade de [[Cataluña]] e as [[Illas Baleares]] existente ata [[1968]], cando se iniciou un proceso que durou ata a década dos 90 que orixinou o resto de universidades catalás e a [[Universidade das Illas Baleares]]. Paralelamente, a propia UB iniciou un proxecto de expansión, creando diferentes facultades por todo o territorio barcelonés: o campus de [[Pedralbes]], de [[Sants]], de [[Bellvitge]] e [[Mundet]].
Liña 52:
** Facultade de Psicoloxía
* Campus de Torribera:
** Facultade de Nutrición Humana e Dietética.
 
=== Escolas universitarias ===
* Escola Universitaria de Enfermería
 
=== Centros adscritos ===