Irmandiños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
reconstruír
m →‎Gran Guerra Irmandiña: Arranxos varios using AWB
Liña 18:
== Gran Guerra Irmandiña ==
{{Artigo principal|Gran Guerra Irmandiña}}
A Gran Guerra Irmandiña tivo lugar nos anos [[1466]]-[[1469]]. Chegara o momento en que ''"os gorrións habían de correr tralos falcóns"''. Os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaron anos antes por parte de [[Afonso de Lanzós]] e co apoio de varios concellos ([[A Coruña]], [[Betanzos]], [[Ferrol]], [[Lugo]]) que actuaron de motores iniciais do movemento. Neste caso, a revolta irmandiña foi unha auténtica [[guerra civil]] pola variada e numerosa participación social que chegou a provocar.
 
A causa da revolta popular foron as malas colleitas e as fames derivadas destas, a peste e tamén abusos cometidos polos cabaleiros e prelados. Sobre estes últimos, no preito Tabera-Fonseca hai múltiples testemuños nos que se denuncia as tropelías realizadas:
Liña 29:
* [[Diego de Lemos]] dirixiu as accións irmandiñas no sur de Lugo e norte de Ourense.
 
O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o estudoso do período Carlos Barros chama "mentalidade xusticeira e antiseñorial" da sociedade galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns “malfeitores”.
 
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]] e [[mosteiro]]s. Os irmandiños destruíron arredor de 130 [[castelo (fortificación)|castelos]] e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. Os irmandiños, por contra, non atacaron os eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara [[Portugal]] ou Castela.
 
[[Ficheiro:Hakenbuechse.png|miniatura|350px|esquerda|Os soldados de Pedro Álvarez usaban [[arcabuz|arcabuces]] na [[Segunda Guerra irmandiña]]. O da imaxe é de [[1425]]]]