Francisco de Sales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
Sandado do seu orgullo, recuperou un entusiasmo liberador. As súas experiencias de fraxilidade e afundimento fixérono compasivo, e a súa vivencia da graza como experiencia transformadora ratificouno na súa convicción do erro do protestantismo.
 
O seu pai, Señor de [[Boisy]] ordenoulle estudar [[avogacía]], e tiña para el proxectos de prosperidade social mediante un prometedor vencello matrimonial. En [[Padua]] estudou [[Dereito]] pero sacou horas con grande esforzo para estudar tamén [[Teoloxía]]. Non aceptou a dignidade senatorial que lle ofreceron e revelou ao seu pai a súa decisión de ser sacerdote. Coa oposición tallante deste, foi ordenado en 1593.
 
Sendo [[Deán]] de [[Genève|Xenebra]], moi cedo veuse o seu estilo peculiar, centrado especialmente nos marxinados e desfavorecidos. Así mesmo, o seu xeito de predicación era sinxelo, carente de afectada retórica, que desgustaba ao clero elegante, pero que chegaba ás capas humildes da sociedade xenebresa.
Liña 37:
== Bispado ==
 
O recoñecemento ao seu labor propiciou que fora proposto como bispo coadxutor de Xenebra. Algo que rexeitou, ata que, debido á insistencia dos propoñentes, acabou aceptando, caendo enfermo ao pouco tempo.
 
Tal era a súa sona que o Papa [[Clemente VIII, papa|Clemente VIII]], entre o recoñecemento e a preocupación, decidiu sometelo a un exame teolóxico para contrastar, a través dun difícil interrogatorio, se eran ortodoxas as súas ideas. Máis que a exactitude nas respostas, deixou unha pegada a sinxeleza e modestia coas que expuxo os seus coñecementos doutrinais. Francisco saíu confirmado da proba.