País Vasco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 51:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Urbia 2.JPG|miniatura|esquerda|230px|O Aitxuri, xunto cos picos do macizo de [[Aizkorri]].]]
A orografía do País Vasco é principalmente [[Montañas do País Vasco|montañosa]], está conformada polos [[Montes Vascos]] e a impoñente [[Serra de Cantabria]] no sur, co [[Toloño]] como máxima altitude, as estribacións dos [[Pireneos]] chegan de [[Navarra]]. O punto máis alto do País Vasco é o monte [[Aitxuri]], cunha altitude de 1.551 metros, está situado no [[Parque Natural de Aizkorri]].
 
En Euskadi pódense distinguir a grandes liñas catro zonas climáticas: a vertente atlántica ao norte, unha zona de clima subatlántico (Vales occidentais de [[Áraba]] e a Chaira arabesa), unha zona de clima submediterráneo e, o extremo sur, entrando na [[Val do Ebro|depresión do Ebro]] e [[Rioxa Arabesa]], onde se pasa xa a un clima con verán claramente seco e caloroso de tipo continental.
 
Esta rexión participou no Programa Mundial de Avaliación dos Recursos Hídricos (WWAP) da [[Unesco]], razón pola cal instaláronse máis de 300 centros de información que serviron para elaborar un informe sobre a situación actual da rexión.
Liña 68:
 
== Demografía ==
Grazas a ser un dos focos iniciais da [[revolución industrial]] en España, a poboación do País Vasco tivo un gran crecemento desde mediados do [[século XIX]] ata principios dos anos [[1970]], recibindo unha grande inmigración doutras rexións españolas. Con todo, a reconversión industrial derivada da crise industrial da década de [[1980]] e o descenso da natalidade provocaron que o País Vasco retrocedese demograficamente e fose unha rexión con crecemento negativo desde a Transición, manténdose esta tendencia a pesar da bonanza económica experimentada desde mediados da década de [[1990]] con indicadores de [[PIB]] superiores á media [[Unión Europea|europea]].
 
Así, mentres no período 1981-2006 a poboación española crecía nun 18,46%, o País Vasco presentaba unha recesión demográfica do -0,05%. Áraba, a provincia que menos creceu en termos demográficos coa revolución industrial, é a única que non perdeu poboación desde [[1970]], mentres que a que porcentualmente máis perdeu foi Biscaia, que foi a que máis creceu nesa época. A taxa de crecemento poboacional actualmente é do 0,54%, e a esperanza de vida é de 76,4 anos para os homes e 83,7 anos para as mulleres.<ref>[http://www.turismoa.euskadi.net/s11-15799/es/contenidos/informacion/s11_acerca_euskadi/es_s11/radiografiafisica.html www.turismoa.euskadi.net. Euskadi en cifras: Radiografía física e sociodemográfica]</ref>
 
Segundo o censo do [[INE]] de [[2007]], Euskadi conta cun 4,6% de estranxeiros, o que representa unha das porcentaxes máis baixas do Estado español e constitúe menos da metade da media nacional (10,0%)<ref>'''Fonte''': Explotación estatística do censo segundo o [[Instituto Nacional de Estadística de España]]. [http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=%2Ft20%2Fe245&file=inebase&L= Poboación por nacionalidade, comunidades e provincias, sexo e idade]</ref>. Entre estes, son predominantes os [[América|iberoamericanos]], os [[Marrocos|marroquís]], os [[Romanía|romaneses]] e os [[Portugal|portugueses]].
 
=== Cidades máis poboadas ===
Liña 81:
Importantísimo centro industrial da península, basea a súa produción na siderurxia, nos bens de equipo como automóbiles, electrodomésticos ([[Fagor]] ou cooperativa Mondragón) ou industria pesada, no [[Viño do País Vasco|viño]] e a súa denominación de orixe "Rioxa arabesa", e na banca, con importantes entidades como [[Banco Bilbao Vizcaya Argentaria|BBVA]] ou a [[Kutxa]]. Por isto foi un importante centro de recepción da emigración galega na segunda metade do [[século XX]].
 
O País Vasco alcanzou á media europea en gasto [[I+D+I]]/PIB en innovación (1,85% do PIB en 2007), superando a media atópase o [[territorio histórico]] de [[Guipúscoa]] con 2.27% do PIB en 2008.<ref>Eurostat, INE, Eustat, [http://www.eustat.es/elementos/ele0003200/ti IGko gastua BPGdaren herrialdearen arabera1996-2008/tbl0003292 e.html]</ref> Grazas ao impulso da sociedade vasca, as súas institucións e organismos públicos e privados (empresas, universidades) o País Vasco será líder da innovación en Europa en 2020, grazas ás accións impulsadas pola fundación [[Innobasque]].
 
O País Vasco concentra un gran volume de [[industria]]s, é unha das rexións máis ricas de Europa e pasou do 89,6% en 1990, ao 117,1% da media europea de [[PIB]] per cápita no ano 2002, a un 125,6% no 2005 e a 137,2% en 2008 (industria e construción supón o 38,18% do PIB), segundo datos do [http://www.eustat.es/ Eustat], crecemiento só superado na [[Unión Europea]] por [[Luxemburgo]] e [[Irlanda]]. A pesar da súa extensión relativamente pequena e unha poboación do 4,9% respecto de España, o País Vasco achega o 6,2% do PIB, o 10,45% do PIB industrial e o 9,2% das exportacións.<ref>[http://www.turismoa.euskadi.net/s11-15812/es/contenidos/informacion/s11_acerca_euskadi/es_s11/radiografiaeconomica.html www.turismoa.euskadi.net. Euskadi en cifras: Radiografía Económica]</ref>
Liña 90:
[[Ficheiro:Parlamento vasco 1.jpg|miniatura|250px|Sede do [[Parlamento Vasco]] en [[Vitoria]].]]
[[Ficheiro:Ajuria enea.jpg|miniatura|250px|Palacio de [[Ajuria Enea]], residencia do [[Lehendakari]] do [[Goberno Vasco]].]]
O País Vasco accedeu á súa autonomía coa aprobación do [[Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1979|Estatuto de Autonomía]] en 1979. Este Estatuto distínguese da maioría dos estatutos das autonomías españolas non no número das competencias transferidas ou transferibles antes no feito de que a autonomía vasca constitúa unha actualización do réxime foral das tres provincias vascas no marco da [[Constitución española de 1978|Constitución Española]] (segundo a disposición adicional primeira desta). Así, o País Vasco, ademais de recibir as competencias sobre a educación, obtén un procedemento de financiamento exclusivo baseado na actualización dos [[Concerto económico|concertos económicos]] das Provincias Vascongadas establecidos na abolición dos foros de 1876 e que se conservaron en Áraba, pero foron derrogados en Guipúscoa e Biscaia polo réxime franquista ao finalizar a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]]. O Estatuto permite, ademais, unha policía propia, a [[Ertzaintza]], un corpo de policía integral e despregado en todo o territorio. Ao tratarse dunha actualización dos réximes forais, as deputacións forais de cada unha das provincias que integran o País Vasco conservan unhas atribucións e competencias moi amplas con respecto ao propio Goberno Vasco.
 
Os poderes do País Vasco exércense pola vía do Parlamento, o Goberno e o seu [[Lehendakari]]:
Liña 103:
[[Ficheiro:Parlamento Vasco.jpg|miniatura|230px|Pleno do [[Parlamento Vasco]].]]
[[Ficheiro:Gobierno Vasco 2.JPG|miniatura|230px|Sede do [[Goberno Vasco]] en [[Vitoria]].]]
A opción política maioritaria desde a transición democrática é a do [[nacionalismo vasco]], nas súas diversas variantes desde as máis moderadas ata as máis radicais e coas súas diferentes concepcións para a configuración da actual Comunidade Autónoma (independentista, autonomista, federalista...). Devandita opción dispútase o mapa electoral con outras ideoloxías denominadas "non nacionalistas", de amplo respaldo na provincia de Álava, tradicionalmente castelán-falante.
 
Todos os [[lehendakari]]s do Goberno Vasco desde 1980 ata 2009 pertenceron ao [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV). De 2009 a 2012 foino [[Patxi López]], pertencente ao [[Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra]] (PSE-EE), sendo o primeiro lehendakari alleo ao nacionalismo vasco. Patxi López foi investido presidente vasco grazas aos votos do seu partido ([[PSE-EE]]), aos do [[Partido Popular do País Vasco]] e aos de [[Unión, Progreso e Democracia]]. En 2012 o PNV recobrou a presidencia da man de [[Iñigo Urkullu]].
 
O Parlamento Vasco vén celabrando sesións desde 1980, téndose celebrado dez comicios, sendo os últimos os de 2012.
 
{{Bar box
Liña 161:
 
=== Deporte ===
[[Ficheiro:Anoetako futbol zelaia.jpg|230px|miniatura|[[Estadio Municipal de Anoeta]] en [[Donostia]].]]Os vascos son coñecidos por achegar importantes figuras ao deporte tanto nos deportes internacionais como no tradicional.
 
O deporte por excelencia dos vascos é o [[fútbol]] no que destacan: o [[Athletic Club de Bilbao]], a [[Real Sociedad de Fútbol]] e o [[Deportivo Alavés]]. Outros importantes son o histórico [[Real Unión Club|Real Unión de Irun]], a [[Sociedad Deportiva Eibar]] ou o [[Barakaldo Club de Fútbol]]. Destacan como instalacións deportivas o [[Estadio de San Mamés (2013)|Estadio de San Mamés]], coñecido como ''A Catedral'', así como o [[Estadio Municipal de Anoeta]] en Donostia e o de [[Estadio de Mendizorroza|Mendizorroza]] en Vitoria.
[[Ficheiro:Buesa Arena.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Fernando Buesa Arena]] en [[Vitoria]].]]
O pavillón [[Fernando Buesa Arena]] é outra importante instalación deportiva porque acolle os partidos do [[Saski Baskonia]] de [[Vitoria]] de [[baloncesto]], o cal move unha importante afección e nos últimos anos consolidouse como un dos principais equipos da [[Liga ACB|ACB]] e de Europa. O [[Bilbao Basket]] de [[Bilbao]] e o [[Gipuzkoa Basket Club]] de [[Donostia]] son máis novos pero xogan ambos tamén na [[liga ACB]].
 
O [[ciclismo]] acapara unha gran tradición entre os vascos, achegando importantes ciclistas ao pelotón profesional e con competicións propias de importancia como a [[Volta ao País Vasco]], a [[Euskal Bizikleta]], ademais dunha proba do [[UCI ProTour]], a [[Clásica de San Sebastián]] .
 
O remo de [[traiñeiras]] podería considerarse un deporte tradicional pola súa orixe baleeira, pero coa competición da [[Bandeira da Concha]] fíxose amplamente coñecido máis aló da Comunidade converténdose nun torneo amplamente seguido.
 
Tamén na tradición vasca está o [[montañismo]]. Montañeiros que destacan excesivamente na tradición deportiva vasca son [[Edurne Pasaban]], [[Juanito Oiarzabal]] ou [[Alberto Iñurrategi]]. Tamén no [[boxeo]] destacou [[José Manuel Urtain]].
 
Tamén hai que destacar a achega de numerosos deportistas vascos nos [[Xogos Olímpicos]] como o atleta [[Martín Fiz]] ou a ximnasta [[Almudena Cid]].
 
Dentro do [[Deporte rural vasco|deporte rural]] hai que destacar a [[Pelota vasca]], un xogo con diferentes modalidades que alcanzou seguimento e importancia en varias rexións de [[España]] e países de [[América Latina]], sendo o [[Frontón Astelena]] de [[Eibar]] un dos seus verdadeiros santuarios.
 
Tamén hai outros deportes tradicionais como o [[Arrastre de pedra]], en diferentes modalidades e tamén practicado máis aló dos lindes da Comunidade de Euskadi. Igualmente hai que destacar aos cortadores de troncos, chamado ''[[Aizkolari]]'' o que o practica, ou o acto do levantamento de pedras de grandes pesos por homes forzudos, chamado ''[[Harri-jasotze]]''. É fácil ver exhibicións ou competicións destes deportes nas festas das vilas de Euskadi.
Liña 181:
=== Folclore ===
[[Ficheiro:Lekeitioko basilika.jpg|200px|miniatura|esquerda|Danzas vascas en [[Lekeitio]].]]
[[Ficheiro:Neerdalen van Celedon over het plein La Virgen Blanca.jpg|A baixada de Celedón nas festas da Virxe Branca de Vitoria|180px|miniatura]]A etnografía vasca foi estudada esencialmente por [[José Miguel de Barandiarán]], [[Telesforo Aranzadi]], [[Koldo Mitxelena]] e [[Julio Caro Baroja]].
 
Actualmente de entre as festas populares máis importantes caben destacar a celebración da [[Semana Grande de Bilbao]], as festas da Virxe Branca en [[Vitoria]] co seu [[Celedón]], así como a festividade da [[Tamborrada de Donostia]], o [[Alarde]] de [[Irún]] e o de [[Hondarribia]]. Ademais, [[Donostia]] é candidata a ser [[Capital Europea da Cultura]] en [[2016]].
Liña 190:
{{Artigo principal|Transporte no País Vasco}}
[[Ficheiro:Euskotran vitoria 1.jpg|miniatura|230px|O Tranvía de [[Euskotran]] en Vitoria.]]
Dentro do sector do transporte marítimo destaca o [[porto de Bilbao]], con 37,2 millóns de toneladas en [[2006]],<ref>[http://www.elpais.com/articulo/pais/vasco/Puerto/Bilbao/preve/culminar/expansion/2020/muelles/elpepuesppvs/20070730elpvas_5/Tes El País, 30 de xullo de 2007]</ref> sendo o [[Reino Unido]], resto de [[España]] e [[China]] os principais lugares de orixe ou destino; o porto contribúe con 419 millóns de euros ao PIB vasco e xera 9.500 postos de traballo. Despois está o [[porto de Pasaia]] en [[Guipúscoa]].
 
Os aeroportos vascos de [[Aeroporto de Vitoria|Vitoria]], [[Aeroporto de Bilbao|Bilbao]], e [[Aeroporto de Donostia|Donostia]] sitúanse nun escaso radio de 60 quilómetros e desprazaron en 2006 a 4,41 millóns de viaxeiros.<ref>[http://www.laregioninternacional.com/noticia/3818/aeropuertos/vascos/centros_paises.php LRI - Os aeroportos vascos rexistraron 4,4 millóns de viaxeiros durante o ano pasado, un 4,2% máis que en 2005.]</ref>
Liña 207:
* [[FEVE]]
** Núcleo de proximidade en [[Bilbao]] - [[Enkarterri]] ([[Biscaia]]).
** Servizos Rexionais de [[Bilbao]] a [[Carranza]], [[Santander]] e [[provincia de León|León]].
 
Ademais, estase construíndo unha [[Alta velocidade ferroviaria en España|liña ferroviaria de alta velocidade]] que unirá ás tres capitais provinciais entre si e co resto de España, e que conectarán coa rede europea. Denominouse [[Y vasco]] debido á forma que adopta o seu percorrido.