Calgary: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 38:
|sitio web = [http://www.calgary.ca/ Páxina oficial de Calgary]
}}
'''Calgary''' é a cidade máis grande da provincia de [[Alberta]] ([[Canadá]]). Está situada no sur da provincia, nunha rexión de outeiros e mesetas a unha distancia aproximada de 80  km ao leste das [[montañas Rochosas]].
 
== Características ==
É a terceira cidade do Canadá por poboación, contando, segundo o censo de abril de 2006, con 988.193 habitantes (1 079 310 na metrópole urbana en 2006, o que a coloca no quinto posto metropolitano canadense). O corredor Calgary-[[Edmonton]] é a zona urbana máis poboada entre Toronto e [[Vancouver]]. Tomou o seu nome dunha praia sita na illa de [[Mull]] en [[Écosse]].
 
Calgary é un destino ben coñecido para deportes de inverno e ecoturismo; un grande número de lugares de vacacións importantes se sitúan preto da cidade. A economía de Calgary está principalmente centrada na industria petroleira; porén, a agricultura, o turismo e máis a alta tecnoloxía contribúen de xeito importante no desenvolvemento económico veloz da urbe. Calgary acolle tamén varios dos festivais anuais máis importantes como a Stampede de Calgary, o Folk Music Festival, o Lilac Festival, a GlobalFest, e o segundo festival da cultura dos Caribes do país (Carifest). En [[1988]], Calgary converteuse na primeira cidade canadense que acolleu os [[Xogos Olímpicos de inverno de 1988|Xogos olímpicos de inverno]].
 
Calgary é a cidade máis próspera na provincia máis rica do Canadá.
 
== Xeografía ==
Calgary está localizada na transición entre os escalóns das [[montañas Rochosas]] e as [[Pradeiras canadensas]]. A altitude de Calgary é aproximadamente de 1.048 metros (3.440 pés) sobre o nivel do mar no centro de negocios da cidade (''Downtown''), e de 1.083 metros (3.556 pés) no aeroporto. A cidade propia cobre unha área territorial de 721  km² (ano [[2001]]).
 
Está sobre dous ríos principais que a atravesan. O [[río Bow]] é o maior e flúe do Oeste ao Sur. O [[río Elbow]] corre do Norte para o Mediodía ata confluír co Bow case no centro comercial de Calgary. Dado que o clima da rexión é, en xeral, frío, unha certa densidade de vexetación só aparece nos vales dos ríos, nalgunhas ladeiras da cara sur dos outeiros e no [[Fish Creek Provincial Park]].
Liña 59:
 
== Historia ==
Primixeniamente a zona foi ocupada por indios, dos que está documentada a súa presenza desde hai uns 11.000 anos; en tempos máis próximos era territorio da tribo [[Blackfoot]] (Pés Negros).
 
[[Sam Livingston]] foi o primeiro en crear, na cidade, nos inicios de [[1870]], un asentamento europeo que cinco anos despois (no [[1875]]) se converteu no punto de referencia da Policía da cabalo do Noroeste (North West Mounted Police). O lugar foi denominado primeiramente Fort Brisebois (do nome do oficial [[Éphrem-A. Brisebois]]), pero sería renomeada como [[Fort Calgary]] en [[1876]], como se dixo no inicio do nome dun areal. Cando máis tarde a compañía ferroviaria pacífica canadense (Canadian Pacific Railway) construíu no posto unha estación ferroviaria, Calgary comezou a medrar, voltándose un grande centro agrícola e comercial. En [[1894]] Calgary foi proclamada oficialmente cidade (a sede central da compañía Canadian Pacific Railway radica agora na cidade).