Campionato de Galicia de fútbol 1928/29: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 114:
Na antepenúltima xornada do campionato xogaron o [[Deportivo da Coruña]] e mailo [[Real Club Celta de Vigo|Celta de Vigo]] un [[Derbi entre Celta e Deportivo|derbi]] en [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]], gañando os locais por 1−0. Despois deste partido os coruñeses visitaron [[Vigo]] para xogar fronte ó Celta. O devandito partido foi disputado o 2 de decembro en [[Campo de Coia|Coia]] nun clima de forte tensión dentro e fóra do campo. O equipo herculino foi recibido cun ambiente hostil e o encontro desenvolveuse cun xogo violento, resultando mancados varios xogadores do Deportivo durante o primeiro tempo, que rematou cun marcador de 3−0 a favor do Celta. O segundo tempo comezou con só oito xogadores branquiazuis no terreo de xogo, ficando no vestiario [[Luis Otero Sánchez|Otero]], Lameiro e mailo porteiro [[Isidro (futbolista)|Isidro]] (que foi substituído na porta polo dianteiro Besada). Durante o decorrer do partido, o número de xogadores deportivistas no campo chegou a descender a cinco. O árbitro [[Andalucía|andaluz]] Eduardo Rodríguez non suspendeu o encontro e os goles do Celta foron caendo con extrema facilidade, rematando cun resultado de 13−0 a favor do cadro local<ref name="pub-4dic">{{cita web |título=Deportes |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106300&presentacion=pagina&posicion=5 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.494 |data=4 de decembro de 1928 |páxina=5 |lingua=castelán }}</ref><ref name="orz-4dic">{{cita web |título=El 'match' de boxeo celebrado anteayer en Vigo. El Celta 'aplasta' al Deportivo |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=4&path=7126440&presentacion=pagina |obra=El Orzán nº 3.263 |data=4 de decembro de 1928 |páxina=4 |lingua=castelán }}</ref>.
 
Tralo partido, manifestáronse visións antagónicas na prensa de ámbalas dúas cidades galegas. A prensa olívica escusou a actitude do público local alegando que no partido xogado a semana anterior na [[A Coruña|Coruña]] foran asubiados os xogadores celtiñas e cualificou de “farsa” a retirada dos xogadores branquiazuis durante o encontro<ref name="pub-4dic"/>. A prensa herculina arremeteu contra a viguesa acusándoa de quenta-los ánimos dos [[seareiro]]s celtistas antes do encontro<ref name="orz-4dic"/> e defendeu o comportamento dos seareiros deportivistas no enfrontamento da semana anterior, citando as declaracións do seleccionador [[Selección de fútbol de España|español]] José María Mateos<ref name="orz-6dec">{{cita web |título=Deportes |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=2&path=7126442&presentacion=pagina |obra=El Orzán nº 3.265 |data=6 de decembro de 1928 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref>, que estivera presente en [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]] e eloxiara o público deportivista<ref>{{cita web |título=Hablando con el seleccionador nacional |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=4&path=7126434&presentacion=pagina |obra=El Orzán nº 3.257 |data=27 de novembro de 1928 |páxina=4 |lingua=castelán }}</ref>. Outros xornais de cidades como [[Pontevedra]] e [[Santiago de Compostela]] tamén criticaron o comportamento amosado polos celestes<ref name="orz-6dec"/><ref>{{cita web |título=La furia céltica y la derrota viguesa del domingo |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1121970&presentacion=pagina&posicion=1 |obra=Progreso: diario independiente nº 10.649 |data=4 de decembro de 1928 |páxina=1 |lingua=castelán }}</ref>.
 
=== Suspensión do Eiriña−Celta ===
Liña 120:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
 
{{Tempadas do Campionato de Galicia de fútbol}}