Monofilético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Phylogenetic-Groups.svg|miniatura|260px|dereita|Grupos filoxenéticos, ou [[Taxón|''taxa'']]: [[monofilético]]smonofiléticos (amarelo), [[parafilético]]s (azul) e [[polifilético]]a (vermello).]]
 
En [[filoxenia]] dise que un grupo é '''monofilético''' se todos os [[Ser vivo|organismos]] incluídos nel evolucionaron a partir dun devanceiro común, e todos os descendentes dese devanceiro están incluídos no grupo. Dita condición recibe o nome de '''monofilia''' (do [[lingua grega|grego]] μονο- ''mono-'', de μόνος ''mónos'', "un só", "único", e φυλή ''phylé'', "tribo", "grupo de individuos").
 
Pola contra, un grupo que contén algúns pero non todos os descendentes do devanceiro común máis recente chámase [[parafilético]], e un grupo taxonómico que contén organismos pero carece dun devanceiro común chámase [[polifilético]].
 
== Exemplo ==
Crese que todos os organismos no xénero ''[[Homo]]'' proceden da mesma forma ancestral na familia [[Hominidae]]. Así pois, o [[Xénero (bioloxía)|xénero]] ''Homo'' é monofilético.
 
Por outra banda, se se descubrise que ''[[Homo habilis]]'' desenvolveuse dun devanceiro distinto que ''[[Homo sapiens]]'', e este devanceiro non estivese incluído no xénero, entón o xénero resultaría ser polifilético. Desde que os [[biólogo]]s en conxunto prefiren os grupos monofiléticos, neste caso probablemente ou dividirían o xénero para adecualo ás novas circunstancias, ou o ampliarían para incluír as formas adicionais.
 
== Outros usos ==
O uso aquí recollido foi introducido por [[Willi Hennig]], e o éxito da [[cladismo|escola cladista]] de Sistemática converteuno en dominante. Con todo, débese facer constar que para moitos taxónomos, como Ernst Mayr e a tradición que el chama taxonomía evolutiva, monofilético é todo grupo cuxo devanceiro común máis recente é membro do clado; isto exclúe claramente aos grupos polifiléticos, pero non aos parafiléticos. Este é o significado practicamente universal de monofilético nas publicacións biolóxicas até aproximadamente 1990. Neste uso clásico do concepto chámase [[monofilético]]smonofiléticos tanto aos grupos ''[[holofilético]]s'' como aos ''[[parafilético]]s'', na terminoloxía cladística úsase, non de maneira xeneralizada, o termo [[grupo convexo]] para referirse ao mesmo concepto.
 
== Véxase tamén ==