Himnos homéricos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Literatura grega mediante HotCat
m →‎Principais himnos: Arranxos varios using AWB
Liña 10:
 
* o [[Himno a Deméter]] conta a fundación dos [[Misterios de Eleusis]].
 
* o ''Himno a Hermes'' é unha marabilla de parodia das epopeas, cuxo propósito burlesco é contar as fazañas que fixo Hermes nas primeiras horas da súa vida.
 
* o ''Himno a Apolo'' ten por obxecto o establecemento polo deus dos seus ritos. Trátase de literatura en movemento: a través da enumeración de illas e cidades das que toma posesión o deus en todo o mundo grego, instituíndo aquí e alá os seus santuarios e misterios. Un posíbel autor desta obra, ou de partes dela, é [[Cineto de Quíos]], considerado un [[Homéridas|homérida]].
 
* o ''Himno a Afrodita'' descríbea como vítima de si mesma, ao sucumbir aos encantos de [[Anquises]].
 
* o ''Himno a Dioniso'' é a descrición do espanto que inspira o deus a unha tripulación á que toma como reféns e masacra.
 
* o ''Himno a Pan'' brilla polo seu estilo, moi rebuscado e digno das sutilezas máis finas do [[Alexandrinismo]].
 
* o ''Himno a Ares'' é menos homérico que [[orfismo (relixión)|órfico]]: constitúe une aproximación relativamente revolucionaria á concepción da relación entre homes e deuses, xa que nel se invoca ao deus das carnaxes para impedilas: pídeselle ao deus que preserve ao crente dos seus atributos, no canto de lle solicitar participar deles. De feito, este himno é moi tardío.
 
* os ''himnos ao Sol e a Lúa'' son dignos de mención pola súa simetría e o fondo [[astroloxía|astrolóxico]] que evocan.