Cenoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
 
A '''cenoria''' ou '''cenoira'''<ref>Nomes vulgares galegos en varias fontes. A Real Academia só acepta cenoria, pero cenoira e cenoura son variedades dialectais moi documentadas: ''Léxico de xeografía''. Santiago de Compostela, Universidade, 1996, ''Gran dicionario Xerais da lingua galega''. Vigo, Xerais, 2009, ''Diccionario da Real Academia Galega''. A Coruña, RAG, 2012. Leandro Carré Alvarellos (1979): ''Diccionario galego-castelán'' e ''Vocabulario castelán -galego'', A Coruña, Moret</ref> ('''''Daucus carota''', [[Linneo|L.]], subespecie sativus'') , é unha planta pertencente á familia das umbelíferas, tamén denominadas [[apiaceae|apiáceas]]. É a hortaliza máis importante e de maior consumo das pertencentes a devandita familia.
É a forma domesticada da cenoria silvestre ''Daucus carota'', oriúnda de Europa e Asia sudoccidental. Cultívase pola súa raíz moito máis grande, saborosa e de textura menos fibrosa, mais continúa sendo a mesma especie. Entre as hortalizas, pertence ao grupo das [[verdura]]s.
 
== Características ==
Planta bienal que forma unha roseta de follas na primavera e verán, mentres desenvolve a grosa raíz principal, a cal almacenará grandes cantidades de [[azucre]] para a floración do ano seguinte. O [[talo]] floral medra ao redor de 1 m cunha [[umbela]] de flores brancas no ápice. A [[raíz]] comestible adoita ser de cor laranxa, branca ou nunha combinación de vermello e branco.
=== Enfermidades ===
Entre outras moitas enfermidades bacterianas e fúnxicas, a ''podremia negra'' da cenoria, producida polo fungo [[Stemphylium radicinum]], fai que as follas se escurezan ou morran e destrúe a raíz.
 
== Usos e nutrición ==
Liña 52:
== Cultivares ==
[[Ficheiro:ThreeRootCarrot.jpg|miniatura|esquerda|220px|As cenorias con múltiples ramificacións non son cultivares, senón produtos derivados de danos a miúdo asociados con chans rochosos.]]
Os cultivares desta hortaliza agrúpanse en dúas amplas clases: "cenorias orientais" e "cenorias occidentais". Recentemente, producíronse certo número de cultivares novos por propiedades específicas.
 
A cenoria máis grande do mundo foi cultivada por John Evans en 1998 en [[Palmer (Alaska)]] e pesou 8,6 kg..<ref>[http://www.carrotmuseum.co.uk/record.html The World Record Carrot Grower<!-- Bot generated title -->]</ref>
 
A cidade de [[Holtville (California)]] promociónase como a "Capital mundial da cenoria" e celebra un festival anual dedicado exclusivamente a ela.
 
=== Cenorias orientais ===
A cenoria oriental foi domesticada no Asia Central, posiblemente a actual [[Afganistán]], durante o século X ou quizais antes. Os espécimes desta clase que sobreviviron até hoxe son normalmente púrpuras (cor que proporciona os pigmentos de [[antocianina]]) ou amarelas e a miúdo teñen raíces bifurcadas.
 
=== Cenorias occidentais ===
A cenoria occidental xurdiu nos [[Países Baixos]] durante os séculos XV ou XVI, facéndose popular pola súa cor laranxa (resultado da abundancia de [[caroteno]]s) naqueles países como emblema da [[Casa de Orange-Nassau]] e a loita pola [[Guerra dos Oitenta Anos|independencia holandesa]]. Aínda que as cenorias laranxas son o corrente no occidente, tamén existen outras cores, como o branco, amarelo, vermello e púrpura, que se producen recentemente.
 
O "Centro de Avance Vexetal" na [[Universidade de Texas A&M]] desenvolveu unha variedade de pel púrpura e carne laranxa, a ''BetaSweet'' (tamén coñecida como a ''Cenoria Marrón'') con sustancias para a prevención do cancro, que se comezou a distribuír de forma limitada pola ''J&D Produce of Edinburg TX'' , tamén ten un alto contido en [[Vitamina A|Beta-caroteno]], o que lle dá a peculiar cor marrón.
 
== Tendencias de produción ==
Liña 71:
Amarelo:outros produtores principais.
Vermello:produtores menores.]]
China foi o maior produtor de cenorias e nabos en 2005 segundo a [[FAO]], acadando polo menos un terzo da produción global, seguida por Rusia e os Estados Unidos.
 
En 2005, unha enquisa británica feita a 2.000 persoas revelou que, nese país, a cenoria atópase en terceiro lugar como vexetal gastronómico favorito.{{Cita web | url = http://www.guardian.co.uk/britain/article/0,,1489887,00.html | title= Onions come top for British palates | obra= Guardian Unlimited | editorial= Guardian Newspapers Limited | autor= Martin Wainwright }}
 
== Notas ==