Diferenzas entre revisións de «Sistema Integrado de Información Taxonómica»

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:ITIS logo.svg|thumb]]
O '''Sistema Integrado de Información Taxonómica''' (SIIT), coñecido habitualmente pola súa sigla en [[idioma inglés|inglés]] '''ITIS''' ('''''I'''ntegrated '''T'''axonomic '''I'''nformation '''S'''ystem''), é unha sociedade deseñada para que sexa a fonte que subministre unha información fiábel e consistente sobre a [[taxonomía]] das [[especie]]s biolóxicas.
 
O SIIT creouse orixinalmente en [[1996]] como o «Sistema Interaxencias de Información Taxonómica», un grupo dentro do [[Estados Unidos de América|Goberno Federal dos Estados Unidos]] con implicacións varias axencias, desde o propio Departamento de Comercio até a [[Smithsonian Institution]]. Actualmente é un organismo internacional, con axencias partícipes dos gobernos [[Canadá|canadense]] e [[México|mexicano]], e que colabora con outras axencias internacionais.
 
O ITIS axuda a elaborar unha [[base de datos]] completa e accesíbel de información taxonómica para cada unha das [[especies]] e outros [[taxon]]s recoñecidos, incluíndo tanto o seu lugar no sistema xerárquico da [[clasificación científica]] como as referencias ás autoridades na materia que o situaron na súa posición taxonómica. As súas prioridades iniciais son as especies de [[Norteamérica]], pero utiliza os resultados das investigacións internacionais. A súa base de datos pódese consultar na páxina oficial da organización na [[Internet]].
 
A taxonomía biolóxica non é inamovíbel, e as opinións sobre o correcto status dun taxon a todos os niveis, e sobre a súa correcta situación, son constantemente revisadas, como resultado de novas investigacións, e moitos aspectos da clasificación permanecen sempre en tea de xuízo. A base de datos do ITIS está posta ao día tanto como é posíbel, contando coas novas investigacións, e a información que manexa é a máis aproximada para representar un claro consenso das opinións taxonómicas máis actualizadas. Esta información non é, obviamente, definitiva, e probabelmente é máis fiábel para algúns grupos que para outros. Debe, de todos os modos, contrastarse con outras fontes dispoñíbeis, e coa literatura científica primaria en todo o posíbel.
 
== Notas ==
393.002

edicións