Diferenzas entre revisións de «Dieta»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera])
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Vegetarian diet.jpg|200px|dereita]]
O termo '''dieta''' vén do grego ''díaita'', que significa "forma de vida", e designa o conxunto de alimentos que unha persoa ou animal consome de forma habitual, por razóns culturais, gastronómicas ou de saúde. En ocasións confúndese dieta con réxime especial para baixar de peso ou para tratar certas enfermidades, pero a realidade é que, boa ou mala, todo ser humano ten a súa dieta.
 
Trátase do conxunto de hábitos ou comportamentos [[Alimentación humana|alimenticios]] ou [[Nutrición|nutricionais]] dunha [[persoa]] ou [[poboación biolóxica|poboación]]. A dieta forma parte do [[estilo de vida]], da [[cultura]], e vese afectada polos factores [[Sociedade|sociais]] e [[Economía|económicos]] das persoas.
 
== Condicionantes da dieta ==
A conformación da inxesta ou dieta está condicionada pola dispoñibilidade de [[alimento]]s que, evidentemente, depende das condicións [[clima|climáticas]], [[solo|edafolóxicas]] e de localización [[xeografía|xeográfica]] de cada rexión, pero tamén é consecuencia de razóns [[relixión|relixiosas]], [[cultura]]is e ideolóxicas ou de fenómenos [[historia|históricos]], [[sociedade|sociais]], [[economía|económicos]] e [[política|políticos]].
 
A alimentación, consecuencia de moitos factores, confórmase tamén tendo en conta aspectos individuais, que na escala de preferencias son moi variables, condicionados por múltiples axentes que actúan en función de preferencias [[Gusto|estéticas]], gastronómicas etc. que, á súa vez, están influídas, entre outros, pola [[publicidade]] ou a dispoñibilidade de medios.
 
== Variedade da dieta ==
A variedade da alimentación, mesmo nun mesmo [[país]], [[rexión]] ou [[familia (socioloxía)|familia]], podería disuadir da súa análise conxunta e, porén, aínda tendo en conta os aspectos puntuais, hai unha gran parte da poboación que está afectada por condicionantes comúns que fan que as similitudes sexan, a pesar de todo, tantas que permiten establecer as liñas xerais da nutrición, a alimentación, a dieta e a gastronomía, porque ademais dos factores que tenden a crear diferenzas hai outros que, polo contrario, fan que a alimentación tenda a ser homoxénea, como é, por exemplo, a necesidade de facer comidas fóra da casa.
 
== A dieta mundial ==
Todo depende da rexión e relixión na que se encontre. Xa sexa por costume ou por facilidade dos alimentos ou dependendo do estado climático. Pero en cada rexión trátase de establecer certos tipos de comidas; algunhas son saudables e outras non.
 
== A dieta mediterránea ==
388.946

edicións