Tecido (bioloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m →‎Constitución: Arranxos varios using AWB
Liña 8:
 
=== Constitución ===
Nos animais estes compoñentes celulares están dispostos nunha [[matriz extracelular|matriz]], máis ou menos extensa, de características particulares para cada tecido. Esta matriz é usualmente xerada polas [[célula]]s que compoñen o tecido, polo que se pode dicir que os tecidos están constituídos, fundamentalmente, por un compoñente celular e, nalgúns casos, por un compoñente extracelular. É un dos [[Nivel de organización (bioloxía)|niveis de organización biolóxica]], situado entre o nivel [[célula|celular]] e o nivel [[órgano (bioloxía)|orgánico]].
 
Un tecido pode estar constituído por células dunha soa clase, todas iguais, ou por varios tipos de células dispostas ordenadamente. A parte da [[bioloxía]] encargada do estudo dos tecidos orgánicos é a [[histoloxía]]. Se se profunda nos detalles, existe máis dunha centena de tecidos diferentes nos [[animal|animais]] e algunhas decenas nos [[vexetal|vexetais]], pero a inmensa maioría son só variedades duns poucos tipos fundamentais. A estrutura íntima dos tecidos escapa a primeira ollada, polo cal se usa o [[microscopio]] para visualizala.