Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
Aínda que o termo [[bacteria]], derivado do grego βακτηριον ("bastón pequeno"), non foi introducido ata o ano [[1828]] por [[Christian Gottfried Ehrenberg]], xa en [[1676]] [[Antoni van Leeuwenhoek]], considerado o pai da Microbioloxía, empregando un microscopio dunha soa lente que el mesmo construíra baseado no modelo creado polo erudito [[Robert Hooke]] no seu libro ''[[Micrographia]]'', foi quen de realizar a primeira observación microbiolóxica rexistrada de "animálículos" como van Leeuwenhoek os chamou e debuxou entón.
A '''bacterioloxía''' (máis tarde unha subdisciplina da microbioloxía) considérase que foi fundada por [[Ferdinand Cohn]] ([[1828]]-[[1898]]), un botánico que estudou algas e bacterias fotosintéticas. Ferdinand Cohn foi tamén o primeiro en formular un esquema para a clasificación taxonómica das bacterias.
 
[[Louis Pasteur]] ([[1822]]-[[1895]]) e [[Robert Koch]] ([[1843]]-[[1910]]) foron contemporáneos de Cohn e son considerados como os fundadores da microbioloxía médica. Quizais o maior logro de Pasteur consistiu na refutación mediante coidadosos experimentos da teoría da xeración espontánea, daquela moi respectada, o cal permitiu establecer firmemente á microbioloxía dentro das ciencias biolóxicas. Pasteur tamén deseñou métodos para a conservación dos alimentos ([[pasteurización]]) e vacinas contra varias enfermidades como o [[anthrax]], o cólera aviar e a [[rabia]]. Robert Koch é especialmente coñecido pola súa contribución á [[teoría dos xermes da enfermidade]], onde, mediante a aplicación dos chamados [[postulados de Koch]], logrou demostrar que enfermidades específicas están causadas por microorganismos patóxenos específicos. Koch foi un dos primeiros científicos en concentrarse na obtención de cultivos puros de bacterias, o cal permitiulle illar e describir varias especies novas de bacterias, entre elas o ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'', o axente causal da [[tuberculose]].
 
== Beneficios da microbioloxía ==
Historicamente, os microorganismos foron vistos de xeito negativo por mor da súa asociación con moitas enfermidades humanas. Con todo, os microorganismos patóxenos son unha porcentaxe moi minoritaria dentro do total de microorganismos, a maioría dos cales desempeñan papeis absolutamente imprescindibles e que de non existir farían inviable a vida na Terra. Algúns exemplos son as bacterias que fixan nitróxeno atmosférico (posibilitando a vida dos organismos vexetais), as bacterias do ciclo do carbono (indispensables para reincorporar ao chan a materia orgánica) ou a multitude de microorganismos que viven de xeito simbiótico no noso tubo dixestivo, sen os cales a dixestión non sería viable. Así pois, os "organismos superiores" (animais ou plantas) non poderiamos vivir de non ser polas funcións desempeñadas por estes seres microscópicos. Ademais, teñen amplas aplicacións no terreo industrial, como as fermentacións (p.e. para a produción de [[bebida alcohólica|bebidas alcohólicas]] ou [[produtos lácteos]]), a produción de [[antibiótico]]s ou a doutros produtos de interese farmacéutico ou biotecnolóxico (hormonas, enzimas etc.). Finalmente, cabe tamén destacar o papel esencial que os microorganismos xogan nos laboratorios de investigación biolóxica de todo o mundo como ferramentas para a [[clonación de xenes]] e a produción de proteínas.
 
=== Refutación da teoría da xeración espontánea ===
 
O proceso da extinción da xeración espontánea inicia con Francisco Redi (1626-1698) cuxos experimentos abren porta ao longo camiño que significou un loita político-relixiosa e intelectual. A súa inconformidade coas crenzas establecidas levárono a pór a proba a veracidade das mesmas, polo que ideou un experimento sinxelo pero maxistral, co cal puido comprobar a súa hipótese.
Redi colocou en varios frascos un anaco de carne, a metade selounos logo dunha minuciosa esterilización e a outra metade deixounos abertos, ao cabo de varios días descubriu que a metade dos frascos co anaco de carne e que non foran selados tiñan na súa interior larvas de moscas deslizándose sobre a carne, en contraste cos outros frascos que a pesar de haberse podrecido o que contiñan no interior, non presentaban larva algunha. Redi realizou outro experimento crendo que o aire podería ser o culpable da aparición das larvas, polo que facendo algo similar que na ocasión pasada, pero co único detalle de que esta vez non selou os frascos hermeticamente, senón que colocou unha gasa que impedise o paso de todo organismo (moscas) pero non o do aire, esperou para ver que sucedía, atopándose días despois cos mesmos resultados que o experimento anterior. Estes sinxelos resultados puxeron a pedra inicial que marcou o principio da bioxénese.
 
Aínda que os descubrimentos de Redi sacudiron por completo todas a crenzas sobre a orixe da vida, a xeración espontánea resultou ser máis resistente do pensado, isto grazas aos agregados de Nedham, os cales falan sobre forzas vitais que animan a materia inerte. Moi a pesar dos descubrimentos de Lazaro Spalanzani a xeración espontánea non se viu soterrada senón ata a chegada de Luís Pasteur e a súa pasteurización.
 
Pasteur descubriu que o aire contiña organismos invisibles que eran os culpables da descomposición dos alimentos. Utilizou un matraz de pescozo de cisne (matraz Pasteur) co cal asegurou un libre fluxo de aire dentro do matraz, pero non un libre fluxo dos microorganismos que este transportaba, quedando atrapados nun filtro dentro do pescozo, con este método asegurou que os alimentos perdurasen durante tempos longos sen botarse a perder. Grazas a isto e aos descubrimentos de Lazaro Spalanzani, a xeración espontánea quedou baixo terra, pero foi John Tyndall quen colocou o epitafio.
 
John Tyndall estudou física e interesouse moito nos fenómenos da luz, coa que puido estudar as partículas suspendidas no aire e que foron chamadas tempo atrás por Ferdinan Cohen “bacterias”. Tyndall descubriu que estas partículas desviaban a luz e deuse conta de que o proceso de putrefacción estaba estreitamente relacionado coa presenza destas partículas suspendidas.
 
=== A microbioloxía na actualidade ===
381.175

edicións