Xene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
movo modelo {{Xenómica}} ó final do artigo
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
Un '''xene''' é a unidade básica de herdanza dos seres vivos. Dende o punto de vista molecular, un xene é unha [[secuencia de nucleótidos|secuencia]] lineal de [[nucleótido]]s na molécula de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] (ou ARN no caso dalgúns virus), que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula con función celular específica. Por exemplo: [[Proteína]]s, [[ARNm]], [[ARN ribosómico]], [[ARN transferente|ARN de transferencia]] e ARN pequenos. Esta función pode estar vinculada ó desenvolvemento ou funcionamento dunha función fisiolóxica normal. O xene é considerado como a unidade de almacenamento de información e unidade de [[herdanza xenética|herdanza]] ó transmitir esa información á [[descendencia]]. Os xenes dispóñense, pois, ao longo de cada un dos [[cromosoma]]s. Cada xene ocupa no cromosoma unha posición determinada chamada [[locus]]. O conxunto de cromosomas dunha especie denomínase [[xenoma]].
 
Algunhas [[enfermidade]]s como a anemia drepanocítica (ou [[anemia falciforme]]) poden ser ocasionadas por un cambio nun só '''xene''' (un dos 30.000 'xenes'' que constitúen o plano para todo o corpo humano).
 
Os organismos [[diploide]]s (entre eles, case todos os animais e plantas) dispón de dous xogos de [[cromosomas homólogos]], cada un deles proveniente dun dos pais. Cada par de cromosomas ten, pois, un par de copias de cada xene, unha procedente da nai e outra do pai.
Liña 25:
 
== Os xenes humanos ==
Cada ser humano ten aproximadamente 30.000 xenes que determinan o crecemento, o desenvolvemento e o funcionamento dos nosos sistemas físicos e bioquímicos. Normalmente, os xenes atópanse distribuídos en 46 cromosomas (23 pares) dentro das nosas células.
 
Os pares do 1 ao 22 son iguais en homes e mulleres e coñécense como ''autosomas''. O par número 23 está composto polos cromosomas que determinan o sexo. As mulleres teñen dous cromosomas '''X''' e os homes un [[cromosoma X|cromosoma '''X''']] e un [[cromosoma Y|cromosoma '''Y''']].
 
O xene é considerado como a unidade de almacenamiento de información e unidade de [[herdanza]] ao transmitir esa información á [[descendencia]]. Os xenes dispóñense, pois, ao longo de cada un dos cromosomas. Cada un ocupa no cromosoma unha posición determinada chamada ''locus''. O conxunto de cromosomas dunha especie denomínase ''xenoma''.