Diferenzas entre revisións de «Parede celular»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
A parede celular vexetal orixínase durante a [[división celular]], a partir de vesículas que proveñen do [[aparato de Golgi]]. Estas vesículas, cheas dos compoñentes da parede celular, localízanse no [[fragmoplasto]], formado por un conxunto de microtúbulos e vesículas dispostos no centro da célula en división. No '''fragmoplasto''' fusiónanse as vesículas do aparato de Golgi, formando a chamada '''[[placa celular]]''' a cal crece desde o centro da célula en división, ata poñerse en contacto coas paredes laterais, orixinando a parede divisoria. Os [[plasmodesmo]]s fórmanse á vez que esta parede.
 
Unha vez formada, a parede celular crece por deposición de capas sucesivas de '''celulosa'''. En cada capa, a orientación das microfibrilas de celulosa está guiada polo [[citoesqueleto]] do interior da célula, concretamente polos [[microtúbulo]]s corticais, os cales alinean o [[complexo encimático]] responsable da síntese de celulosa, que é a [[celulosa sintase]] da membrana plasmática.
 
O alongamento da célula ocorre no eixe perpendicular ao das microfibrilas da capa de parede que se está depositando, de aí que a síntese da parede e a orientación das microfibiñas de celulosa estea en directa relación co tamaño celular.
==== Permeabilidade ====
A parede celular primaria da maioría das plantas funciona de modo ximilar a unha [[membrana semipermeable]] e permite o paso de pequenas moléculas e mesmo de pequenas proteínas, cun tamaño de exclusión estimado en 30-60 [[Dalton (unidade)|kDa]]. A auga e o CO<sub>2</sub> poden atravesala. O pH é un factor moi influente no transporte de moléculas a través da parede.<ref>C.Michael Hogan. 2010. [http://www.eoearth.org/article/Abiotic_factor?topic=49461 ''Abiotic factor''. Encyclopedia of Earth. eds Emily Monosson and C. Cleveland. National Council for Science and the Environment]. Washington DC</ref>
 
 
=== Interaccións da parede celular vexetal ===
Un segundo tipo de parede arqueana atopámolo en ''[[Methanosarcina]]'' e ''[[Halococcus]]''. Nestes xéneros a parede está composta enteiramente por unha capa de polisacáridos, os cales poden estar sulfatados no caso de ''Halococcus''.<ref name="Brock 1994" />.
 
Un terceiro tipo de parede arqueana consta de [[glicoproteína]]s, e aparece nas [[hipertermófilo|hipertermófilas]], ''[[Halobacterium]]'', e algunhas [[metanóxena]]s. En ''Halobacterium'', as [[proteína]]s da parede teñen un alto contido en aminoácidos con carácter ácido, o que lle dá á parede unha carga global negativa. A estrutura é estabilizada pola presenza de grandes cantidades do [[catión]] [[sodio]], que neutraliza a carga.<ref name="Brock 1994" /> Esa necesidade de sodio fai que ''Halobacterium'' só poida subsistir en condicións de alta salinidade.
 
Noutras arqueas, como ''[[Methanomicrobium]]'' e ''[[Desulfurococcus]]'', a parede parece estar composta só por unha capa superficial de proteínas,<ref name="Howland 2000">Howland, John L. (2000) ''The Surprising Archaea: Discovering Another Domain of Life'', pages 69-71. (Oxford: Oxford University Press). ISBN 0-19-511183-4.</ref> coñecida como ''capa S''. As capas S son tamén relativamente comúns en bacterias, nas cales pode ser o único compoñente da parede ou unha capa externa enriba da de polisacáridos. A maioría das arqueas son Gram-negativas.<ref name="Howland 2000" />
== Notas ==
<references />
 
 
 
 
{{Orgánulos}}
385.528

edicións