Diferenzas entre revisións de «Filoxenia»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Filoxenias moleculares ==
Os organismos poden herdar [[xene]]s de dous xeitos: a través da transferencia vertical, dos proxenitores para a prole, ou por [[transferencia lateral de xenes|transferencia lateral]], na cal os xenes migran para organismos sen parentesco definido, un fenómeno común en [[Procarionte]]s.
 
[[Carl Woese]] propuxo a teoría de tres dominios de vida ([[Eubacteria]], [[Archaea]] e [[Eucarionte]]s) baseado no descubrimento de que os xenes que codifican o [[ácido ribonucleico|ARN]] son antigos e se distribén enriba de tódalas liñaxes de vida con pequenas ou ningunha transferencia lateral. Por tanto, o ARN son xeralmente usados como reloxos moleculares para reconstruír filoxenias.
 
== Probando o taxon ==
Debido ao desenvolvemento de técnicas de [[bioloxía comparada]], incluíndo a [[bioloxía molecular]], foi posible comparar grandes cantidades de datos [[Morfoloxía (bioloxía)|morfolóxicos]], [[ecoloxía|ecolóxicos]] e [[comportamento|comportamentais]] coa información proveniente do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] ou sucesións de aminoácidos.
 
Os caracteres observados están codificados nunha matriz e, a partir dunha serie de premisas (a máis fundamental delas é que os grupos que comparten características iguais deben posuír unha orixe evolutiva común), ás veces xéranse diagramas chamados de filoxenias ou árbores filoxenéticas (que na realiade son representacións gráficas dunha hipótese sobre as relacións evolutivas dos grupos analizados).
393.002

edicións