Abrir o menú principal

Cambios

m
Porén, ao examinaren máis detidamente os patróns de metilación, descubriron que había 1175 rexións de metilación diferencial en dinucleótidos CG entre polo menos unha liña celular iPs ou ES. Comparando estas rexións de metilación diferencial con rexións de metilación de citosina nas células somáticas orixinais, o 44-49% das rexións metiladas diferencialmente mostraban patróns de metilación das respectivas células somáticas proxenitoras, mentres que o 51-56% destas rexións eran difeentes tanto das liñas celulares embrionais coma proxenitoras. A diferenciación inducida [[in vitro]] de liñas iPSC presentou transmisión do 88% e 46% de rexións hiper e hipometiladas diferencialmente, respectivamente.
 
Poden tirarse dúas conclusións deste estudo. A primeira, que o proceso epixenético está moi implicado na determinación da diferenciación das células, como indican os niveis similares de metilación de citosina entre as células pluripotentes inducidas e as células nais embrionais, que concorda cos seus respectivos patróns de [[Transcrición (xenética)|transcrición]]. Segundo, os mecanismos de desdiferenciación (e por extensión, diferenciación) son moi complexos e non poden ser duplicados facilmente, como indica o número significativo de rexións metiladas diferencialmente entre as liñas celulares iPS e as ES.
 
Algúns dos mecanismos epixenéticos que se cre que regulan a diferenciación celular explícanse a continuación.
378.256

edicións