Diferenzas entre revisións de «Fobos (lúa)»

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
{{Outroshomónimos|Fobos}}
'''Fobos''' ou '''Marte I''' é un satélite de [[Marte (planeta)|Marte]] descuberto o [[18 de agosto]] de [[1877]] polo norteamericano [[Asaph Hall]] desde o observatorio de Washington. Fobos é o satélite máis grande de Marte, aínda que só ten uns 27  km de diámetro e está, por tanto, entre os máis pequenos do sistema solar. Ten un período de 7 horas e 39 minutos e pasa polo ceo do planeta vermello 3 veces ao día. A súa superficie componse de rocha rica en [[carbono]] e po, e está moi marcada por cráteres, o meirande deles denominado ''Stickney'' que foi o resultado da colisión con outro obxecto que estivo a piques de esnaquizar esta lúa.
 
Fobos sempre presenta a mesma cara a Marte debido ás forzas de marea que o planeta exerce sobre o seu satélite. Esta mesma forza provoca que Fobos se achegue cada vez máis a Marte. Esta proximidade (6.000  km da superficie de Marte, sendo así o satélite máis próximo ao seu corpo primario) indica que Fobos está sentenciado: nuns 40 millóns de anos caerá sobre Marte provocándolle un novo cráter na súa superficie ou, pola contra, poderíase destruír sen ter que precipitarse sobre o planeta creando un anel de pequenos corpos en órbita.
 
Ao igual que [[Deimos (lúa)|Deimos]], pénsase que Fobos é un [[asteroide]] que na súa órbita quedou atrapado pola forza gravitacional de Marte.
393.002

edicións