Andrómeda (constelación): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 28:
 
'''Andrómeda''' é unha [[constelación]] boreal situada ó Sur de [[Cassiopeia]] e preto de [[Pegasus]]. Toma o seu nome da princesa [[Andrómeda (mitoloxía)|Andrómeda]]. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada [[Alpheratz]] ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto [[astronomía|astronómico]] máis importante da constelación é a [[Galaxia de Andrómeda]] que se atopa a máis de 2 millóns de [[ano luz|anos luz]] e é visible a simple vista.
 
 
== Estrelas principais ==
Liña 63 ⟶ 62:
Cefeo acudiu ó oráculo de [[Zeus]] quen lle aconsellou coma a única forma de calma-la ira dos deuses e librarse do monstro, era sacrificando a súa filla [[Andrómeda (mitoloxía)|Andrómeda]] atándoa a unha pena no acantilado para que o monstro a collese.
 
Nese intre [[Perseo]] viña de regreso da súa expedición contra a [[Gorgona (mitoloxía)|Gorgona]], e vendo á vítima, namorou dela. Acudiu ó rei e propusolle libera-la súa filla a cambio da súa man. Perseo matou ó monstro amosándolle a cabeza de Medusa, que traía coma trofeo da súa última aventura, converténdoo en coral.
 
[[Fineo]], tío da princesa e con quen se comprometera en matrimonio, xurou vingarse de Perseo e cos seus partidarios acurralaron ó heroe para matalo. Este non tivo máis recurso que utiliza-la cabeza de [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]] converténdoos en pedra con tan mala fortuna que os pais de Andrómeda tamén se converteron en pedra.