Traballos e días: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
A obra está composta a partir de xéneros poéticos preexistentes que a tradición oral grega incorporara do mundo oriental: sobre todo, variantes do "catálogo" (cuxo exemplo homérico é o [[Catálogo de naves|canto II]] da [[Ilíada]]): os "calendarios" e os "días"; e de coleccións de consellos, instrucións e proverbios (como o ''[[Ahikar]]'' asirio).<ref>Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 203ss.</ref> A organización é, comparada coa ''[[Teogonía]]'', menos clara, e non se vertebra cronoloxicamente (aínda que os bloques de calendarios agrícolas e de navegación internamente respectan unha cronoloxía), senón tematicamente. As coleccións de proverbios inclúen fábulas, símiles e mitos.<ref>Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 214ss.</ref>
 
O poema xira en torno a dúas verdades xerais: o traballo é o destino universal do home, pero só quen estea disposto a traballar poderá con el. Os estudosos interpretaron esta obra no contexto dunha crise agraria no continente grego, que inspirou unha vaga de [[Colonización grega|colonizacións]] en busca de novas terras.<ref> Espinosa Alarcón,Andrés e Pérez Iriarte, José Luís. Las formas políticas de la Grecia arcaica a la luz de los factores socio-económicos en CONVIVIUM, Any: 1965 Núm.: 19-20 páx. 117. http://www.raco.cat/index.php/Convivium/article/view/76271/99079</ref>
 
Esta obra mostra as cinco [[Idades do Home]], ademais de conter consello e sabedoría, prescribindo unha vida de honesto traballo e atacando a ociosidade e os [[xuíz|xuíces]] inxustos (como os que decidiron a favor de [[Perses (Hesíodo)|Perses]]), así como a práctica da [[usura]]. Describe aos inmortais que vagan pola terra vixiando a xustiza e a inxustiza.<ref>Hesíodo, ''Obras e días'', Canto III, 250: «Sobre a terra mantenedora de moitos hai trinta mil Inmortais de Zeus que gardan aos homes mortais; e envoltos de aire, corren acá e alá sobre a terra observando os xuízos equitativos e as malas accións.»</ref> O poema considera o traballo como orixe de todo o ben, pois tanto homes como deuses odian aos folgazáns, que parecen [[abellón (macho da abella)|abáboros]] nunha colmea.<ref>Hesíodo, ''Obras e días'', 300: «Os Deuses e os homes odian igualmente ao que vive sen facer nada, semellante aos abáboros, que carecen de aguillón e que, sen traballaren pola súa conta, devoran o traballo das abellas.»</ref>
Liña 28:
** [http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3atext%3a1999.01.0132 Texto inglés], con índice electrónico, no [[Proxecto Perseus]]. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "''focus''" (para cambiar ao texto [[Grego antigo|grego]]) e "''load''" (para o texto bilingüe).
*** [http://archive.org/stream/hesiodhomerichym00hesiuoft#page/n55/mode/2up Texto bilingüe grego - inglés] en [[Internet Archive]]; [[facsímile]] electrónico da ed. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White.
**** [[:m:s:el:%CE%88%CF%81%CE%B3%CE%B1_%CE%BA%CE%B1%CE%B9_%CE%B7%CE%BC%CE%AD%CF%81%CE%B1%CE%B9Έργα και ημέραι|Texto grego]] en Wikisource.
**** [http://www.hs-augsburg.de/~harsch/graeca/Chronologia/S_ante08/Hesiodos/hes_erga.html Texto grego] no [http://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html sitio] da ''Bibliotheca Augustana'' ([[Augsburgo]]).
 
{{ORDENAR:Traballos e días}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Traballos e días}}
[[Categoría:Épica]]
[[Categoría:Literatura da Grecia antiga]]