Diferenzas entre revisións de «Aquiles»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
</blockquote>
 
Privados do seu apoio, os gregos sofren derrota tras derrota, e cando os gregos están acurralados e os troianos ameazan con queimaren as súas naves, o vello sabio Néstor convence a Patroclo, o amigo e amante de Aquiles, para que o substitúa. Patroclo obtén o permiso de Aquiles para salvar os gregos levando as súas armas. A manobra ten éxito pero Patroclo, malia a súa promesa a Aquiles, emprende a persecución. É matado por [[Héitor]], que toma as armas de Aquiles como botín. Furioso e humillado — enganado por Patroclo —, Aquiles decide vingarse, malia as advertencias da súa nai: enfrontárase con Héitor, el ha morrer pouco tempo despois. [[Hefesto]] fórxalle novas armas, coas que sae á procura de Héitor.
 
[[Ficheiro:Akhilleus_Patroklos_Antikensammlung_Berlin_F2278.jpg|miniatura|esquerda|220px|Aquiles curando a [[Patroclo]], kylix de figuras vermellas do pintor de Sosias]]
== O nome de Aquiles ==
 
Aquiles frecuentemente é chamado «Pelida» ou «[[Eácida]]», [[epíteto]]s que nos recordan a súa ascendencia. O nome de Aquiles propiamente dito é de [[etimoloxía]] descoñecida. No seu ''Dictionnaire étymologique de la langue grecque'', [[Pierre Chantraine]] fai un listado das numerosas hipóteses avanzadas ao longo dos séculos. A cuestión en efecto xa se suscitou na Antigüidade: o [[Pseudoapolodoro]] explica así que o seu nome significa «o que non ten labios» (dun α privativo e de χεῖλος / ''kheĩlos'', «labio»), «porque nunca aproximara os seus labios a un peito» (''Biblioteca'', III, 13, 6). Con todo, esta [[etimoloxía popular]] non ten base ningunha.
 
Unha das hipóteses máis convincentes, emitida por Leonard Palmer, dá ao nome do heroe o senso de «aquel cuxo exército está aflixido», de ἀχός / ''akhós'', «a pena, a aflición», e de λαός / ''laós'', «o exército, a tropa dos guerreiros». En efecto, a figura de Aquiles está estreitamente ligada coa pena: a que experimentaron os [[aqueos]] cando Aquiles se retira da batalla, e logo cando morre.
Aquiles é obxecto dun [[culto heroico grego|culto heroico]] en varias rexións do [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. É difícil saber como naceu o culto, pois os cultos heroicos focalízanse polo xeral sobre a tumba do heroe. Así, os restos de Aquiles suponse que se atopan nas ribeiras do [[Helesponto]], non lonxe de Troia: n’''A Ilíada'' (XXIII), Patroclo é enterrado nese lugar, e o seu fantasma pídelle a Aquiles que as súas cinzas se enterren no mesmo sitio. ''A Odisea'' no seu canto XXIV confirma a cuestión.
 
Aquiles é venerado no [[Quersoneso de Tracia]], na rexión de [[Olbia]] e en [[Tendra]], así como en [[Leucé]], illa identificada coa [[Illa Branca]]. Aí, os contos dos mariñeiros evocan aparicións do heroe. Esta asociación de Aquiles non debe estrañarnos: Aquiles é fillo dunha [[Nereida]].
 
Ten templos dedicados (''heróons'') e con culto, especialmente en [[Esparta]] e na [[Élide]]. Certos poemas imaxínano seguindo unha radiante vida póstuma, ben na Illa Branca, no esteiro do [[Danubio]], ben nos [[Campos Elisios (mitoloxía)|Campos Elisios]], rodeado de divindades coas que comparte a existencia e os praceres dentro dunha eterna ledicia, entrecortada con festíns e numerosos combates.
=== Bibliografía ===
* Anthony Edwards :
** {{En}} “Achilles in the Underworld: Iliad, Odyssey, and Æthiopis”, ''Greek, Roman, and Byzantine Studies'', 26 (1985), pp. 215-227&nbsp;215–227,
** {{En}} “Achilles in the Odyssey: Ideologies of Heroism in the Homeric Epic”, ''Beitrage zur klassischen Philologie'', 171, Meisenheim, 1985 ;
* Hélène Monsacré, ''Os larmes d'Aquiles. O heroe, a femme e a souffrance en a poésie d'Homero'', Albin Michel, Paris, 1984 ;
393.002

edicións