Xerome de Estridón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
Xerome dispuxo irse ao deserto a facer penitencia polos seus pecados (especialmente pola súa sensualidade que era moi forte, polo seu terrible mal xenio e o seu grande orgullo). Pero aínda que rezaba moito, xaxuaba, e pasaba noites sen durmir, non conseguiu a paz, descubrindo que a súa misión non era vivir na soidade.
 
De regreso á cidade, os bispos de [[Italia]] xunto co Papa nomearon como Secretario a [[Ambrosio de Milán|Santo Ambrosio]], pero este caeu enfermo, e decidiron nomear a Xerome, quen desempeñou o cargo con moita eficiencia e sabedoría. Vendo os seus extraordinarios dotes e coñecementos, o [[Dámaso I, Papa|Papa San Dámaso]] nomeouno como o seu secretario, encargado de redactar as cartas que o Pontífice enviaba, e logo designouno para facer a tradución da Biblia.
 
Ao redor dos 40 anos, Xerome foi ordenado sacerdote, pero os seus altos cargos en [[Roma]] e a dureza coa que corrixía certos defectos da alta clase social trouxéronlle envexas e inimigos, e, sentíndose incomprendido e ata calumniado en Roma, onde non aceptaban o seu modo enérxico de corrección, dispuxo afastarse de alí para sempre e foise a Terra Santa.
Liña 26:
== A Vulgata ==
[[Ficheiro:CodexBeneventanusFolio5rJeromeLetter.jpg|miniatura|esquerda|200px|Folio dunha carta de San Xerome ao Papa Dámaso do ''Codex Beneventanus''.]]
As traducións da Biblia que existían nese tempo (chamadas actualmente "Vetus Latina") tiñan moitas imperfeccións de linguaxe e varias imprecisións ou traducións non moi exactas. Xerome, que escribía con grande elegancia o latín, traduciu a este idioma toda a Biblia, e esa tradución chamada "[[Vulgata]]" (ou tradución feita para o pobo ou vulgo) foi a Biblia oficial para a [[Igrexa Católica Latina]] durante 15 séculos, ata a promulgación da ''Neovulgata'' no ano [[1979]].
 
Foi un soado estudoso do latín nunha época na que iso implicaba dominar o grego. Sabía algo de hebreo cando comezou o seu proxecto de tradución, pero mudouse a Belén para perfeccionar os seus coñecementos do idioma. Comezou a tradución no ano [[382]] corrixindo a versión latina existente do [[Novo Testamento]]. Aproximadamente no ano [[390]] pasou a traballar no [[Antigo Testamento]] en hebreo. Completou a súa obra no ano [[405]].
Liña 34:
== Pensamento ==
[[Ficheiro:Antonello da Messina - St Jerome in his study - National Gallery London.jpg|miniatura|Antonello da Messina, ''San Xerome no seu estudo'', 1460]]
Xerome preocupouse polos deberes dos sacerdotes recomendándolles o coñecemento das Sagradas Escrituras (''que nunca o texto sagrado se che caia das mans'') prudencia no trato coas mulleres (''ignora por igual a todas as doncelas ou virxes de Cristo ou ámaas por igual. Non mores baixo o mesmo teito con elas nin te fíes da súa anterior castidade. Non es máis santo que David nin máis sabio que Salomón'') e a solidariedade cos marxinados (''coñezan a túa mesa os pobres e os peregrinos, e con eles Cristo como convidado'').
 
Fustrigou aos cregos que se enriquecían e esquecían a humildade (''foxe como da peste do crego negociante, e que de pobre que era se fixo rico, e de plebeo, fanfarrón'') así como dos que alternaban con xente principal: {{Cita|''has de evitar os convites de xente mundana e sobre todo dos que presumen de altos cargos. É indecoroso que ás portas dun sacerdote do Señor crucificado e pobre, e que se alimentaba do pan que outros lle daban, monten garda os lanceiros do cónsul e os soldados|Carta a Nepociano sobre os deberes dos sacerdotes''}}