Diferenzas entre revisións de «Sé episcopal»

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
(+cat e imaxe)
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
A '''sé episcopal''' (do [[latín]] ''sedem'', [[Cadeira (moble)|cadeira]]) é o trono ([[cátedra]]) dun [[bispo]]. No sentido máis estrito, a ''sé episcopal'' (un ''epíscopo'' é un bispo) refírese á catedral dun bispo. Os termos ''sé diocesana'' e ''sé arquidiocesana'' teñen o mesmo significado, aínda que especifican o rango da xurisdición na xerarquía da igrexa á que pertenzan.
 
Por extensión emprégase a palabra para denominar ao pobo ou a cidade onde estea a catedral. Por exemplo, usando o sentido estrito, a sé da [[Arquidiocese de Westminster|Arquidiocese de Westminster]] en [[Inglaterra]], é a [[catedral de Westminster]], pero nun sentido máis amplo, esa mesma sede é a cidade de [[Londres]], onde se localiza a catedral. Ás veces, mesmo se usa, erroneamente, este termo para referirse a toda a diocese, aínda que esta cubra máis dun pobo ou cidade; os termos correctos, [[diocese]] e [[arquidiocese]], cobren este significado con maior precisión.
 
Un caso especial é a ''[[Santa Sé]]'', que na [[Igrexa Católica]] refírese á [[papa|oficina papal]], ou á cidade do [[Vaticano]] en xeral.
393.002

edicións