Lingua lusitana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 15:
*Unha primeira teoría relaciona a lingua coa rama [[Lingua celta|céltica]]. A teoría baséase en parte no feito de seren os celtas historicamente os únicos pobos indoeuropeos dos que se ten noticia na península. Pero maior peso ten a obvia celticidade de parte do léxico, sobre todo os antropónimos e topónimos. Existe un problema substancial nesta teoría: a conservación inicial do /p/, como se ve en PORCOM. As linguas celtas perden este /p/ inicial ao longo da evolución: compárese ''athir'' / ''orc'' ([[irlandés]]) e ''pater'' / ''porcum'' (latín) significando "pai" e "porco" respectivamente. A presenza deste /p/ poderíase explicar por ser unha lingua celta moi primitiva, anterior á perda ou ben por seren estas palabras préstamos del latín.
 
*Unha segunda teoría, defendida por [[Francisco Villar]], [[Rosa Pedrero]] e [[Blanca María Prósper]], pona en relación coas [[linguas itálicas]]. A teoría baséase en paralelismos de nomes de deuses (''Consus'' latín / ''Cossue'' lusitano, ''Seia'' latín / ''Segia'' lusitano, ''Iovia'' [[marrucino]] / ''Iovea(i)'' lusitano) e outro léxico (''gomia'' [[Lingua umbra|umbro]] / ''comaiam'' lusitano) xunto con algúns outros elementos gramaticais.
 
*Finalmente [[Ulrich Schmoll|Schmoll]] propuxo que o lusitano constitúe unha rama propia da familia indoeuropea, que chama ''galego-lusitano''.