Raio (descarga eléctrica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
Estes fenómenos prodúcense polas [[Diferenza de potencial|diferenzas de potencial]] nas [[atmosfera]]s da [[Terra]] e doutros [[planeta]]s. Un exemplo de ocorrencia de raios noutros planetas é en [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]], cuxas [[tempestade]]s se detectan dende a terra a través dos [[radiotelescopio]]s.
 
En xeral, os raios caen para restabelecer o equilibrio das [[Masa electrónica|masas electrónicas]] entre as [[nube]]s entre si, entre as [[nube]]s e o [[solo]] ou entre o solo e as nubes.
 
O raio cae no momento en que as [[Carga eléctrica|cargas eléctricas]] acadan a [[enerxía]] suficiente para superar a [[resistencia eléctrica]] do ar, ocorrendo entón a [[Relampo|descarga]] de forma explosiva, luminosa e violenta. O raio tende a caer por norma en lugares altos que o conduzan ata a terra, lugar onde debe ir a parar para perder por completo toda a súa carga eléctrica.
 
== Tipos de raio ==
Liña 15:
[[Ficheiro:Orage5-soft.jpg|miniatura|dereita|270px|Raios intra-nubosos no ceo de Toulouse.]]
[[Ficheiro:Blaisephoto.fr.jpg|miniatura|esquerda|270px|Raios inter-nubosos en Marrocos.]]
A disposición das cargas eléctricas na [[tormenta]], tal como se explica anteriormente, crea as diferenzas de potencial entre o [[cumio]], o centro e a base da tormenta. Cando a potencia eléctrica é o suficientemente grande, o aire entre os diferentes niveis non basta como illante e prodúcese unha [[Relampo|descarga]]. O raio xerado entón pode producirse entre as diferentes partes das nubes ou entre nubes veciñas.
 
Como estas capas están en xeral máis cerca entre elas que entre elas e o [[solo|chan]], este tipo de raios será o primeiro en producirse. A medida que a tormenta colle altura, estendéndose verticalmente e que a potencia eléctrica aumenta, o raio nube-chan predominará, pero sen estar nunca só por completo. O cambio de proporción entre o tipo ''inter'' ou ''intra-nuboso'' e ''nube-chan'' resulta ser por conseguinte unha indicación do estadio de desenvolvemento do [[cumulonimbus|cúmulonimbo]].
Liña 22:
[[Ficheiro:Lightning striking the Eiffel Tower - NOAA.jpg|miniatura|dereita|Raio caendo sobre a torre Eiffel.]]
{{Avisomedico}}
Existen situacións nas que o perigo de recibir o impacto dun raio xérase en poucos minutos. Coñecer o dato da velocidade de propagación do [[son]] (que é de 340  m/s), podería impedir un accidente mortal, pois serve para calcular a que distancia caerá o raio. Para determinar se caen cerca os raios, só é necesario contar os segundos entre relampo e trono, e dividir este número entre tres. O resultado estará dado en quilómetros.
 
Só se deben abandonar as medidas de precaución se a tormenta se encontra a máis de dez quilómetros de distancia (30 segundos entre [[relampo]] e [[Trono (meteoroloxía)|trono]]).
Liña 61:
 
== Curiosidades ==
* Desde a máis remota antigüidade os raios encantan a humanidade co seu aspecto ameazador e ao mesmo tempo intrigante, que acabou por utilizarse nos [[mito]]s e [[lenda]]s como elemento de demostración da existencia de [[Deus|deusesdeus]]es poderosos como o grego [[Zeus]], por exemplo.
* Algúns afirman que foron os raios que, ao causar [[Incendio forestal|incendios]], tiraron os [[primate]]s das [[árbore]]s e máis tarde mostraron aos primeiros [[Ser humano|humanos]] a importancia do [[fogo]] na alimentación.
* Foi a partir dunha [[tempestade]] de raios seguidos dun grande incendio que a [[illa]] de [[Porto Santo]], no [[arquipélago]] de [[Madeira]] puido avistarse desde o continente africano.
 
== Véxase tamén ==