Polea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:PulleyShip.JPG|miniatura|220px|dereita|Polea dunha embarcación.]]
Unha '''polea''', '''cadeixo'''<ref>{{DRAG|cadeixo}}</ref> ou '''roldana'''<ref>{{DRAG|roldana}}</ref> é unha [[máquina simple]] que se utiliza para cambiar a dirección dunha [[forza]], para amplificala ou para transmitir o movemento de rotación a outras poleas, posibelmente variando a velocidade angular coa que xira cada unha. Consiste nunha [[roda]] cunha canle pola que se fai pasar unha [[corda]] ou [[cable]] e que ademais é móbil no seu eixo central.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Kladka.jpg|miniatura|Polea vella de madeira.]]
[[Ficheiro:Six-Pulleys.png|miniatura|Sistema de poleas compostas.]]
Como no caso das outras máquinas simples, o descubrimento da polea e a súa adopción na vida cotiá do ser humano probabelmente ocorreu na [[Prehistoria]]. Na antigüidade utilizábanse as poleas como dispositivos de elevación de cargas, que podían combinarse tamén cos [[plano inclinado|planos inclinados]]. As máquinas simples usábanse sobre todo nos traballos de construción na [[Idade Antiga]], aínda que nalgúns casos como o da [[Necrópole de Giza]] non se usaron rodas nin poleas, xa que os [[Antigo Exipto|exipcios]] non dispoñían destas ferramentas para a construción.<ref name=Rasmussen>{{cita web|apelidos=Rasmussen|nome=Finn|título=How was the Great Pyramid built|url=http://www.finse.dk/kheops.pdf|dataacceso=9 de maio de 2013}}</ref>
 
Na prácticas, as poleas poderían terse desenvolvido a partir da experiencia no emprego de cordas pasadas a través de [[póla]]s de árbores. As máis antigas das que se ten coñecemento datan do [[século XIII a.C.]], teñen procedencia en [[Asiria]] e usábanse para sacar auga.<ref name=Rihll>{{cita libro|apelidos=Rihll|nome=T.E.|título=Mechanics|ano=2004|url=http://www.swan.ac.uk/grst/Specific%20subjects/Mechanics/Mechanics.htm}}</ref><ref name=Chant>{{cita libro|apelidos=Chant|nome=Colin|título=The Pre-industrial Cities and Technology Reader|ano=1999|url=http://books.google.cat/books?id=TFmKlFWN04wC&pg=PA43&lpg=PA43&dq=block+and+tackle+greek+-Archimedes+-dictionary&source=bl&ots=UvHiAAXSeU&sig=WOTaAzARBlYueCyYMzb7lIzaGOI&hl=ca&ei=W0Q-Soe5GqW8jAfi4M0B&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=7}}</ref> Tamén hai indicios que indican un uso das poleas como invención cara ó ano 700 a.C.<ref>{{cita libro|apelidos=Forbes|nome=Robert James|título=Studies in ancient technology|url=http://books.google.cat/books?id=4Oi70BovgoQC&pg=PA36&lpg=PA36&dq=pulley+%22700+bC%22&source=bl&ots=EJQuPXfrY8&sig=C3Bh--2DtdegShvF3cwY5eDzQN4&hl=ca&ei=UUg-Su3XFMKTjAfora0a&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=4}}</ref>
 
No tocante á evidencia escrita do uso das poleas como ferramentas, coñécese que a formulación da teoría da polea é atribuída nalgunhas referencias a [[Arquitas de Tarento]]<ref name=Huffman>{{cita libro|apelidos=Huffman|nome=Carl A.|título=Archytas of Tarentum|páxinas=82|url=http://books.google.cat/books?id=2ietQ7tX8TEC&pg=PA82&lpg=PA82&dq=tarentum+pulley+archytas&source=bl&ots=0eZwzuMR_G&sig=0u6fhq-ebdCosccvqOHADWGrdl0&hl=ca&ei=pVg-SvLlDMjRjAfUyqkC&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1}}</ref>, non obstante, non se considera ó grego como autor da invención.
Liña 18:
 
== Funcionamento ==
Unha polea suxeita a un soporte mantén dous corpos A e B suspendidos e unidos por un fío inextensíbel (non muda de tamaño) e masa desprezábel. Considerando que o corpo A ten unha masa mA > mB (masa de B), o movemento do corpo A será para abaixo.
 
[[Ficheiro:Polia mecanica.jpg]]
Liña 30:
Segundo o seu desprazamento as poleas clasifícanse en "fixas", aquelas cuxas armas son suspendidas dun punto fixo (a estrutura do edificio) e, polo tanto, non sofren movemento de translación algún cando se empregan, e "móbiles", que son aquelas nas que un extremo da corda é suspendido dun punto fixo e que se despraza durante o seu funcionamento, xeralmente de xeito vertical.
 
Cando a polea obra independentemente denomínase "simple", mentres que cando se atopa reunida con outras formando un sistema, recibe a denominación de "combinada" o "composta". Existen sistemas múltiples de poleas que obteñen unha grande vantaxe mecánica, é dicir, elevan grandes pesos con pouco esforzo.
 
=== Polipastos ===