Pedro de Mezonzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 32:
 
=== Bispo ===
Se cadra removido polo novo rei galego, Paio Rodríguez renuncia á Mitra. Todos os votos converxen en Pedro. Este asina un documento no 16 de novembro do ano [[985]] como bispo de Iria e da Sé Apostólica. Reafirmou Pedro este último título que tantos receos inspirarían en [[Roma]] e que lle causarían, décadas despois, a [[Cresconio]] a pena de excomuñón.
 
Nese ano, participa nas [[Cortes]] convocadas por [[Vermudo II|Bermudo II]] para reafirmar o seu dominio pacífico sobre todo o [[reino de León]]. En xaneiro de [[986]], confirma un diploma do rei galego ao [[mosteiro de San Salvador de Celanova]], e o 7 de febreiro, recibe daquel un privilexio para a súa Igrexa onde se lle doan terras de cabaleiros apreixados e martirizados por [[Almanzor]] tras a devastación da cidade de Simancas. Máis adiante, doaralle os dominios de [[Salvaterra de Miño|Salvaterra]] no sur de Galicia, e [[Portomarín]], no centro. Algúns destes bens concédenselle en usufruto incluso para o caso de que renuncie a mitra compostelá, o que é unha mostra clara do afecto e veneración que o rei profesaba polo carismático e reverenciado bispo.
 
A nobreza galega que aupara a Bermudo non ficara satisfeita coas prebendas do novo ''status quo'' e empezaron a negociar alianzas co vitorioso Almanzor, xa por temor, xa por desexar a protección e o impulso do dono de Hispania.
 
Os magnates Suero Gundemariz, Gonzalo Menéndez, Galindo e Osorio Díaz chegaron a sublevarse, pero Pedro mantívose fiel ao rei galego e non foi factor de división nin turbulencia. Neses momentos de anguria e incerteza, tanto o rei como o bispo favorecen aos anacoretas do monte Ilicino (o [[Pico Sacro]]) para que asistan as súas xentes coas oracións e pregarias. Por aquel entón tamén resolveu pacificamente certas disputas entre Sobrado e o bispado de [[Lugo]]. Asinou tamén concordias co [[mosteiro de Samos]] e restaurou os predios e edificacións do [[mosteiro de Santo Estevo de Boiro]] estragado polos normandos, anexionándoo ao de Antealtares. No [[mosteiro de San Martiño Pinario]] favoreceu os Oficios do Culto construíndo para os monxes unha igrexa axeitada nun momento no que o devandito convento estaba fóra dos muros da cidade e era arriscado acudir á Catedral.
 
=== A destrución de Almanzor ===
No [[997]], Almanzor emprendía outra das súas temibles e vitoriosas campañas. A súa impoñente infantaría embarcaba en [[Córdoba, España|Córdoba]] e entraba polo [[río Douro|Douro]] para unirse á súa eficaz cabalaría á que se agregaran condes galegos e leoneses que apostaban pola indiscutible superioridade do caudillo musulmán de España. Seguidamente, cruzaban o [[Miño]] e arrasaban as terras de Salvaterra, destruían a cidade de [[Tui]], saqueaban o mosteiro de San Cosme e San Damián mentres os fuxitivos se refuxiaban nas montañas ou na [[illa de San Simón]]. Tras o asalto ao castelo de [[Ponte Sampaio]] que lle pechaba o paso, caían implacables sobre as terras de Santiago.
 
Pedro encargou a evacuación da cidade buscando salvar as [[reliquias]] do Apóstolo que levou consigo, así como as vidas da xente a quen non quixo expoñer nunha loita claramente inútil. A cidade, silenciosa e deserta, quedou abandonada ao caudillo islámico. Este encontrou axeonllado perante o sartego de Santiago un monxe ancián que lle inspirou tal respecto que mandou que ninguén o incomodase, mentres ordenaba a completa destrución e incendio da cidade e as vilas e mosteiros dos arredores.
 
Durante oito días todo foi saqueo e destrución. Acadado o obxectivo de deixar reducida a cinsas a capital espiritual do occidente cristián, retornou con catro mil cativos. Como humillación final, fixo cargar nos ombreiros dalgúns deles as campás e as portas do santuario apostólico que se colocaron na magnífica mesquita de Córdoba.