Mosteiro de San Martiño Pinario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎A Igrexa: Arranxos varios using AWB
Liña 27:
=== A Igrexa ===
[[Ficheiro:IgrexaSanMartinhoPinario.jpeg|miniatura|200px|Fachada da igrexa.]]
A igrexa, iniciada cara ao ano [[1590]] e rematada entre o ano [[1645]] e o [[1652]], é obra de [[Mateo López y González de Araújo]]. De grandes dimensións e primando nela un sobrio estilo clasicista ábrese á praza que leva o nome do mosteiro, que baixa cara ela.
 
A [[planta]] da igrexa ten unha soa [[Nave (arquitectura)|nave]] lonxitudinal, cuberta con [[bóveda de canón]] con falsos [[casetón]]s. Ordénase arredor dunha cruz latina con capelas laterais que conforman coa súa composición un gran rectángulo. Ábrense á nave seis capelas laterais entre os contrafortes que comunican entre si e teñen o mesmo tipo de bóveda que a nave. Nelas hai retablos do [[século XVIII]] con esculturas de Ferreiro e Silveira entre outros. O [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]] ilumínase por medio dunha [[cúpula]] de media laranxa, a maior ata o momento das construídas en Galicia. Foi deseñada por Bartolomé Fernández Lechuga, e rematada no ano [[1626]], seguindo o modelo da primeira gran cúpula do renacemento español, a cúpula da catedral de Granada, obra de [[Diego de Siloé]], que a súa vez responde a unha tipoloxía florentina do [[século XV]].