Herodes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Biografía: Arranxos varios using AWB
Liña 5:
Fillo dun idumeo e dunha nabetea, en realidade era un palestino de cultura [[helenística]] dedicado ao servizo de [[Roma Antiga|Roma]], que dominaba [[Palestina]] dende que fora conquistada por [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] (63 a.C.).
 
Herodes foi nomeado primeiro gobernador de [[Galilea]] e posteriormente [[tetrarca]] para dirixir as relacións de Roma cós xudeus; pero tivo que fuxir ante o ataque dos partos, que apoiaban no trono a Antígona, a última reina da dinastía dos [[Asmoneos]] ou [[Macabeos]], representante da resistencia xudía contra a dominación política e cultural do [[Occidente grecorromano]].
 
No ano 40 a. C. o Senado romano nomeou a Herodes rei dos xudeus por indicación de [[Marco Antonio]], co encargo de recuperar [[Xudea]] de mans de Antígona. Combateu contra ela durante tres anos ata que conquistou [[Xerusalén]] e a decapitou.
 
Polo demais, Herodes foi un rei hábil: soubo eludir a súa participación na [[batalla de Actium]], o que permitiu que Augusto o mantivera no trono despois da súa vitoria, cunha autonomía política practicamente total a pesar de ser o vasalo do Imperio; defendeu eficazmente o reino fronte aos ataques de partos e árabes; construíu cidades e fortalezas; embeleceu a capital; respectou os costumes locais e comenzou a reconstrución do [[Templo de Xerusalén]].
 
Ao morrer deixou o reino dividido entre os seus fillos: Xudea, Samaría e Idumea para [[Herodes Arquelao|Arquelao]] (destituído dous anos despois polo gobernador romano [[Poncio Pilatos]] e Galilea e Perea para Herodes Antipas (o cal, segundo os Evanxeos, eludiu xulgar a Xesuscristo cando llo enviou Pilatos). O neto de Herodes, [[Herodes Agripa I]], foi o último rei que gobernou sobre a totalidade de Palestina e o que, segundo os Feitos dos Apóstolos, fixo encarcerar a san Pedro e condenou a morte a Santiago o Maior. Baixo o reinado do seu fillo [[Herodes Agripa II]] estalou a rebelión dos xudeus que levou á destrución de Xerusalén por Tito e a anexión de Palestina a Siria como provincia romana (70 d. C.).