Califato de Córdoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Califato de Córdoba-1000.png|250px|miniatura|O Califato de Córdoba]]
O '''Califato de Córdoba''' foi un estado musulmán [[Al-Andalus|andalusí]] proclamado por [[Abd al-Rahman III]] en [[929]]. O Califato puxo fin ao [[Emirato de Córdoba|emirato independente]] instaurado por [[Abd al-Rahman I]] en [[756]] e perdurou oficialmente ata o ano [[1031]], en que foi abolido dando lugar á fragmentación do Estado [[Dinastía Omeia|omeia]] en multitude de reinos coñecidos como [[taifa]]s.
 
O Califato de Córdoba foi a época de máximo esplendor político, cultural e comercial do [[Al-Andalus]].
Liña 7:
[[Ficheiro:Gran portico.jpg|miniatura|250px|Alcázar de [[Medina Azahara]].]]
[[Ficheiro:Castillo de Gormaz.jpg|miniatura|250px|O Castelo de Gormaz.]]
Os reinados de [[Abd al-Rahman III]] ([[929]]-961) e o seu fillo [[Alhakén II]] ([[961]]-[[976]]) constitúen o período de apoxeo do Califato [[Dinastía Omeia|omeia]], no que se consolida o aparello estatal cordobés.
 
Para afianzar o aparello estatal os soberanos recorreron a oficiais fieis á dinastía [[Dinastía Omeia|omeia]], o cal configurou unha aristocracia palatina de ''fata'ls'' (escravos e libertos de orixe europea), que foi progresivamente aumentando o seu poder civil e militar, suplantando así á aristocracia de orixe árabe. No exército incrementouse especialmente a presenza de continxentes [[bérber]]es, debido á intensa política califal no [[Magreb]]. Abderramán III someteu aos señores feudais, os cales pagaban tributos ou servían no exército, contribuíndo ao control fiscal do Califato.
 
As empresas militares consolidaron o prestixio dos omeias fóra do Al-Andalus e estaban orientadas a garantir a seguridade das rutas comerciais. A política exterior canalizouse en tres direccións: os reinos cristiáns do norte peninsular, o Norte de África e o Mediterráneo.
 
=== Relacións cos reinos cristiáns ===
Durante os primeiros anos do Califato, a alianza do rei leonés [[Ramiro II de León|Ramiro II]] con Navarra e o conde [[Fernán González]] ocasionaron o desastre do exército califal na [[batalla de Simancas]]. Pero á morte de Ramiro II, Córdoba puido desenvolver unha política de intervención e arbitraxe nas querelas internas de leoneses, casteláns e navarros, enviando frecuentemente continxentes armados para controlar aos reinos cristiáns. A influencia do Califato sobre os reinos cristiáns do norte chegou a ser tal que entre [[951]] e [[961]], os reinos de [[Reino de León|León]], [[Reino de Navarra|Navarra]] e [[Reino de Castela|Castela]] e o [[condado de Barcelona]] rendíanlle tributo.
 
As relacións diplomáticas foron intensas. A Córdoba chegaron embaixadores do [[Condado de Barcelona|conde de Barcelona]] [[Borrell]], de [[Sancho Garcés II]] de Navarra, de [[Elvira Ramírez]] de León, de [[García Fernández]] de Castela e o conde [[Fernando Ansúrez]] entre outros. Estas relacións non estiveron faltas de enfrentamiéntos bélicos, como o [[cerco de Gormaz]] de [[975]], onde un exército de cristiáns enfrontouse ao xeneral [[Galib]].
Liña 37:
* Torres Balbás, L., ''Ciudades hispano­musulmanas'', Madrid.
* Vernet, J., ''La cultura hispano árabe en Oriente y Occidente'', Barcelona 1978.
* Eisenberg, Daniel, [http://users.ipfw.edu/jehle/deisenbe/Other_Hispanic_Topics/NOHUBOUN.htm ''Propuestas teorico-metodológicas para el estudio de la literatura hispanica medieval''], ed. Lillian van der Walde. Mexico City: Universidad Nacional Autónoma de México-Universidad Autónoma Metropolitana, 2003, pp. 511-520 511–520.
 
== Véxase tamén ==