Bóveda de canón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Cathedral of Santiago de Compostela.jpg|thumb|267x267px|Bóveda de canón con arcos faixóns na [[Catedral de Santiago de Compostela]]]]
A '''bóveda de canón''' é aquel tipo de [[bóveda (arquitectura)|bóveda]] xerada polo desprazamento dun [[arco de medio punto]] ao longo dun eixo lonxitudinal. O seu emprego ten como resultante un empuxe horizontal considerable, que se absorbe mediante a utilización de [[contraforte]]s ou [[muro (construción)|muro]]s de contención. Empregouse para cubrir espazos lonxitudinais, como as naves das [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]]s e os seus [[transepto]]s. Utilizábana na [[arquitectura romana]] e despois na románica. Cando os arcos de medio punto evolucionaron estilisticamente a arcos apuntados, as bóvedas de canón tamén seguiron a mesma tendencia, por iso apareceron logo as de carácter apuntado e finalmente abandonouse en beneficio da de [[bóveda de aresta]] que empregaba menos material cunhas prestacións moi superiores de [[luz]].
Polo xeral, tódalas bóvedas xeradas por un arco directriz son de canón, se é rebaixado a bóveda é de canón rebaixado e se é oxival será unha bóveda de canón apuntado. Este tipo de bóvedas van xeralmente reforzadas por un tipo de arcos denominados faixóns.
 
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]