Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
[[Ficheiro:Genesis in a Tamil bible from 1723.jpg|miniatura|300px|dereita|Libro da [[Xénese]] nunha '''Biblia''' de 1723.]]
A '''Biblia''' é o [[libro]] que o [[cristianismo]] trata como inspirado directamente por [[Deus]]. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o [[Novo Testamento]]) «τα βιβλία» ''tà biblía'', ou sexa, ''os libros''. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao [[Antigo Testamento]] e 27 ao [[Novo Testamento]].
 
== Historia e relevancia ==
A Biblia aprobada pola [[Igrexa Católica]] contén 73 libros, isto é, 7 libros a máis que as Biblias non católicas. Eses son os ditos libros [[Deuterocanónicos]], que, segundo unha perspectiva non católica, se chaman apócrifos. Os libros deuterocanónicos son os seguintes: [[Tobías]], [[Libro de Xudit|Xudit]], [[I Macabeos]], [[II Macabeos]], [[Sabedoría]], [[Eclesiástico]] (ou Sirácida) e [[Baruc]]. Posúe, ademais, adicións nos libros de [[Libro de Ester|Ester]] e [[Daniel]].
 
Os cristiáns consideran que estes homes escribiron a Biblia inspirados por Deus e por iso consideran que a Biblia é a Escritura Sagrada. Porén, non todos os cristiáns consideran que a Biblia debe ser interpretada de forma literal, e moitos consideran que moitos dos textos da Biblia son textos [[metáfora|metafóricos]] ou que son textos datados que tiñan sentido no tempo en que foron escritos, e que debe ser tido en conta o seu contexto para poder interpretalos correctamente.
 
Os cristiáns consideran que a Biblia é a Palabra de [[Deus]], polo tanto ela é máis que só un libro, é a vontade de Deus escrita para a humanidade. Para eses cristáns nela, e apenas nela, atópanse as respostas para os problemas da humanidade.
 
== As versións da Biblia ==
A pesar da antigüidade dos libros bíblicos, os manuscritos existentes máis antigos datan a maior parte dos séculos III-IV. Tales manuscritos son o resultado do traballo de copistas que, durante séculos, foron facendo copias dos textos, de modo que fosen transmitidos ás xeracións seguintes. Transmitido por un traballo desta natureza o texto bíblico, como é obvio, está suxeito a erros e modificacións, involuntarios ou voluntarios, dos copistas, o que se traduce na coexistencia, para un mesmo treito bíblico, de varias versións que, aínda que non afecten grandemente o contido, suscitan diversas lecturas e interpretacións dun mesmo texto.
 
A gran fonte hebraica para o Antigo Testamento é o chamado Texto Masorético. Trátase do texto hebraico fixado ao longo dos séculos por escolas de copistas, chamados Masoretas, que tiñan como particularidade un escrúpulo rigoroso na fidelidade da copia ao orixinal. O traballo dos masoretas, de copia e tamén de vocalización do texto hebraico (que non ten vogais, e que, por ese motivo, ao tornarse lingua morta, necesitou de as indicar por medio de sinais), prolongouse ata o séc. VIII d.C. Pola gran seriedade deste traballo, e por ter sido feito ao longo de séculos, o Texto Masorético (abreviatura: TM) é considerado a fonte máis autorizada para o texto hebraico bíblico orixinal.
Nestes casos, a validez histórica que se lle atribúe a cada texto depende da postura de cada persoa ou grupo cristián. Por exemplo, para as principais correntes teolóxicas e de estudosos cristiáns da Biblia, as personaxes de [[Adán e Eva]] son simplemente unhas figuras literarias que serven para falar da fe nun Deus criador e para explicar a orixe do mal. Pola contra, para grupos cristiáns máis literalistas ou de corte fundamentalista, a orixe do mundo e da humanidade é tal e como relata a Biblia.
 
A Biblia é un texto, por riba de todo, doutrinal. A pesar de se asumir como un texto que revela directamente o coñecemento de Deus para os homes, o que é totalmente contrario á visión científica e experimental, algunhas persoas pretenden demostrar a validez das escrituras por unha suposta exactitude científica. Os textos bíblicos utilízanse ou utilizáronse para rexeitaren os datos da experiencia e as teorías científicas de científicos como [[Galileo Galilei]] e [[Charles Darwin]].
 
A interpretación da Biblia varía en cada denominación cristiá, de grupo para grupo, e de lector para lector. Por iso, entanto que para algúns movementos relixiosos e persoas en particular, o relato da Xénese sobre a creación é aceptábel ou mesmo verdadeiro - habendo mesmo unha crítica acérrima aos datos empíricos que fundamentan a teoría da evolución -, para outros, o relato é apenas un poema que acentúa o papel de Deus como creador, que non debe ser lido de forma literal mais, apenas, [[metáfora|metafórica]] e adaptada ao contexto histórico en que foi escrito. A Igrexa católica, por exemplo, acepta hoxe a teoría da evolución, propondo unha interpretación metafórica do texto bíblico. Da mesma forma, hai quen defende que o relato da "paraxe" do sol, xa referida, no [[libro dos Xuíces]] débese a un hebraísmo - unha figura de estilo do hebraico que non é traducíbel para outras linguas, ou que o ataque da Igrexa católica á teoría heliocéntrica de [[Copérnico]] e Galileo se debe apenas ao erro de interpretación da xerarquía católica.
381.175

edicións