Diferenzas entre revisións de «Afonso III de Oviedo»

m
m
== Traslado da sede rexia á cidade de León ==
[[Ficheiro:Galicia891.png|miniatura|esquerda|300px|Mapa da [[A Galicia altomedieval|Galiza altomedieval]] no ano [[891]], onde se reflicten os diferentes territorios do reino.]]
Tempo antes do ano 910 os [[Lista de reis de Galiza|monarcas galaicos]] comezaron trasladar funcións militares e políticas desde antiga capital Oviedo ata unha cidade máis ao sur, [[León, España|León]]. A cidade de León, sita na [[Gallaecia]] dende o [[Imperio Romano]] supoñía un importante enclave estratéxico, onde confluian dúas importantes rutas; por unha banda a vía que unía [[Braga]] con [[Bordeos]], e por outra a ruta da prata, que chegaba a Galiza dende [[Al-Andalus|Spania]], pasando polas cidades de [[Sevilla]] e [[Mérida, España|Mérida]].
 
O feito de que [[León, España|León]] carecera de bispo e señores feudais —non así na veciña Astorga- ó igual que acontecera con [[Oviedo]], facía daquel antigo asentamento militar romano unha encrucillada idónea para asentar a nova corte. León, unha cidade estratexicamente útil situada na Galiza altomedieval como destacaban os propios cristiáns ''in civitate que vocitatur Legio, territorio Gallecie'' (na cidade que chaman León, territorio de Galiza) ou ''in Legione de Galletia'' (en León de Galiza) e musulmáns, convertíase a comezos do [[século X]] na nova capital dos reis.
393.002

edicións