Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 116:
}}
{{Historia Galega}}
O '''Reino Suevo''' configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións da [[Galiza]] e o norte e centro de [[Portugal]]. despois da caída do [[Imperio Romano]]. É o primeiro estado medieval<ref>Anselmo López Carreira, ''Martiño de Dumio. A creación dun reino'', 1996, páx. 10.</ref>, e o primeiro en separarse do [[Imperio Romano]] e [[Historia da moeda en Galicia|cuñar moeda]].
 
Os [[suevos]] eran un [[pobo xermánico]] que entraron no noroeste da [[Península Ibérica]] en [[409]] ou [[410]] nunha [[invasións bárbaras|vaga migratoria]] ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron.
 
O Cronicón de [[Hidacio]] é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste penínsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.
 
O [[Historia da moeda en Galicia|sistema monetario Galaico-Suevo]] foi o primeiro en emanciparse do [[Imperio Romano]].
 
A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias<ref>Anselmo López Carreira, ''O reino medieval de Galicia''. A Nosa Terra, 2005, páxina 187</ref>, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos<ref>Ramón Villares, ''Historia de Galicia''. Galaxia, 2004, páxina 81</ref>.
Liña 138:
 
A época escura rematou co reinado de [[Carriarico]] ([[550]]-[[559]]), que se converteu novamente ao catolicismo no 550. Sucedeuno [[Teodomiro (rei suevo)|Teodomiro]] ([[559]]-[[570]]) (non se confunda con [[Teodomiro (visigodo)|Teodomiro]], duque (''dux)'' do século VIII, gobernador de provincia visigoda de ''Aurariola'').<ref>Posteriormente, coa dominación islámica, e mercé a un famoso e documentado Tratado asinado con Abd al-Aziz ibn Musa en abril de 713, gobernou a título de rei un territorio cristián visigodo autónomo dentro de Al-Ándalus, denominado ``kora de Tudmir``, territorio que abarcaba aproximadamente as actuais provincia de Alacant e a Rexión de Murcia, composto polas chamadas sete cidades que se citan no tratado, con capital en Orihuela.</ref> durante o reinado do cal tivo lugar o [[Primeiro Concilio de Braga]] ([[561]]). Durante esta época, entre os nativos [[galaicos]] e os [[suevos]] desaparecerían as diferenzas, este feito tería por resultado que os autores coetáneos se refiran ao reino nese momento como ''Galliciense Regnum''<ref>''Historia Francorum''. Gregorio de Tours.</ref>, e aos reis indistintamente como ''Regem Galliciae''<ref>''De scriptoribus ecclesiasticis''. Sigebertus Gembalensis.</ref>, ''Rege Suevorum'' ou ''Galleciae totius provinciae rex''<ref>RISCO, M., España Sagrada 40- 41.</ref>.
{{cita|Mironis Galliciensis regis ''"Miro, rei de Galicia"''<ref>[http://www.thelatinlibrary.com/gregorytours/gregorytours6.shtml Historia dos Francos, Libro 6, capítulo 43. De Galliciensibus regibus. [http://www.thelatinlibrary.com/gregorytours/gregorytours6.shtml]</ref>}}
 
{{cita|Mirus rex Galliciensis legatos ad Guntchramnum regem dirixit.''"Miro rei de Galicia enviou delegados ao rei Guntchramn"''<ref>Historia dos Francos, Libro 5, capítulo 41. De legatis Calliciensibus ac prodigiis. [http://www.thelatinlibrary.com/gregorytours/gregorytours5.shtml]</ref>}}
Liña 148:
== Organización política e administrativa ==
[[Ficheiro:Reino de Galicia Suevos.png|dereita|200px]]
Os invasores suevos suplantan as estruturas de poder romanas, e cabe deducir que non farían modificacións importantes, aproveitándose delas. A principal característica da organización sueva é a súa formación como reino, en cuxo fronte está un rei que se sucede de xeito hereditario, contrariamente á tradición xermánica.
 
As relacións entre o poder suevo e a poboación galaicorromana varía segundo a época e segundo o lugar. [[Hidacio]] di que a invasión xermánica foi respostada fortemente, tanto nas cidades como nos aínda habitados castros. Pese ó que nos di Hidacio semella que a reacción maioritaria foi a de aceptación dos invasores. Pode que a aristocracia tivera unha primeira reacción de rexeitamento, aínda que coa caída do [[Imperio romano]], ou mesmo antes, manteñen colaboración (agás casos illados, despois da morte de [[Requiario]], como o asasinato do ''reitor'' de Lugo no [[460]]). É no [[século VI]] cando esta colaboración é evidente, coa participación de aristócratas en campañas militares suevas.
Liña 172:
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro| autor =Bernárdez Vilar, Xoán| título =O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma | ano =2003| lugar=Noia|editorial= Editorial Toxosoutos| ISBN=84-95622-80-7}}
 
* {{Cita libro| autor =Torres Rodríguez, Casimiro| título =El Reino de los Suevos| ano =1977| lugar=Santiago|editorial=Instituto Pai Sarmiento de Estudios Galegos| ISBN=84-85319-11-7|series=Colección Galicia histórica}}