Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
A '''Humidade absoluta''' é o número de [[gramo]]s de vapor de [[auga]] contido nun [[metro cúbico]] de [[aire]]. Exprésase en ''g'' (de vapor de auga)''/m³'' (de aire). Esta medida é independente da temperatura ou a presión.
 
A cantidade de auga máxima que pode admitir o aire sen condensación varía coa temperatura e a [[presión atmosférica]]. Tamén a facilidade coa que este absorbe o vapor de auga.<br />
 
No caso de que aire '''non poida admitir máis auga''' dise que o '''aire está saturado''' e tería unha humidade relativa do 100%.
Para o [[clima]], tamén é máis interesante a humidade relativa, xa que unha [[masa de aire saturada]], ou próxima á saturación, é unha masa de aire húmido e as plantas poden aproveitar esa humidade, mentres que dunha masa de aire máis seco non, inda que teña maior humidade absoluta.
 
Cando a humidade chega ó 100%, e empeza a [[condensación|condensarse]] a humidade, estase no [[punto de orballo]]. Esta condensación prodúcese sobre os obxectos, o chamado [[orballo]] ou, se vai moito frío, a [[xeada]]. Se se produce no mesmo aire, fórmase unha [[néboa|borraxeira]].<br />
 
Para que se produza esta borraxeira debe haber unhas pequenas partículas no aire, chamadas [[núcleo de condensación|núcleos de condensación]], onde se condense a auga.<br />
 
Os núcleos de condensación, poden ser [[Po (materia)|po]], grans de [[pole]], [[espora]]s, cristais de [[cloruro sódico|sal]] etc.
381.287

edicións