Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
[[File:15-05-05-Schloß-Schwerin-RalfR-DSCF5191-2.jpg|thumb]]
 
Un [[astro]] está no '''ocaso''' cando atravesa o plano do [[horizonte (xeografía)|horizonte]] pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa [[altura (astronomía)|altura]] é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do [[Sol]] chamase '''solpor''' e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é [[orto]].
 
Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (Hesperis era a personificación da Noite), mentres que Aurora era a deusa do amencer.
O [[crepúsculo]] que ocorre despois do solpor é coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).
 
As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen '''ocaso''' nin '''orto'''. En relación ao Sol nas latitudes polares prodúcese unha noite de seis meses (non se ve o Sol no ceo) e un día de outros seis (o Sol esta sempre por riba do horizonte), isto é, o orto ou o ocaso coincide cos [[equinoccio]]s (de primavera e outono), e o mediodía ou a medianoite coincide cos [[solsticio]]s de verán e inverno. Así, no polo norte o [[orto]] prodúcese co equinoccio de primavera, o [[mediodía]] co solsticio de verán, o ocaso co equinoccio de outono, e a [[medianoite]] co solsticio de inverno (no polo sur é a inversa).
 
Co [[movemento anual|transcurso do ano]], o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos equinoccios ponse polo [[oeste]], sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.
 
En [[primavera]] e [[verán]] para o '''hemisferio norte''' ponse entre o oeste e o norte ([[declinación (astronomía)|declinación]] positiva); en [[outono]] e [[inverno]] o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o '''hemisferio sur''' é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).
 
== Efectos da refracción atmosférica ==
381.287

edicións