Incendio forestal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Bombero_incendio.jpg" que foi borrado en Commons por Jameslwoodward. Motivo: Commons:Deletion requests/Files uploaded by Jpereira - Using [[:c:COM:VFC|VisualF
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
[[Ficheiro:Modelo propagacion lume forestal.png|miniatura|dereita|300px|Xeito de propagación ideal do lume]]
 
Cando as reservas de [[auga]] do [[solo]] se atopan por riba do 30%, a evaporación da auga das plantas vese compensada pola humidade da terra. Por baixo deste limiar do 30% a planta xa non se pode hidratar, e son daquela os zumes da planta os que se evaporan. En caso de [[seca]] prolongada xúntase que as plantas secas son altamente inflamábeis con que as substancias desa evaporación tamén o son.
 
Por outra parte, non todas as plantas arden igual de ben, é dicir, non todas son igual de inflamábeis. Polo que atinxe ao bosque galego, os [[piñeiro]]s e os [[eucalipto]]s, e en xeral todas as especies [[resina|resinosas]], maioritarias nas masas arboradas costeiras, son máis inflamábeis cás especies autóctonas de [[caducifolia]]s, coma o [[carballo (árbore)|carballo]] ou o [[castiñeiro]].
Liña 21:
 
* Causas naturais: o [[relampo|alustro]]. Nas áreas mediterráneas estímase que as treboadas poden producir ata un 2% dos incendios forestais. Porén, en [[Quebec]] esta cantidade calcúlase sobre o 30% dos lumes e afecta grandes superficies.
 
* Causas humanas involuntarias: queima imprudente de ramallada, lumes de lecer e barbacoas, liñas eléctricas, cabichas ao pé das estradas, faíscas desprendidas por maquinaria (fundamentalmente trens), queima incontrolada de lixo etc.
 
* Causas humanas intencionadas: queima de terreos para o seu aproveitamento para o cultivo ou para a expulsión dos habitantes dos bosques, vinganzas, incendios con fins políticos ou económicos diversos e, tamén, enfermidades mentais (os [[Piromanía|pirómanos]]); actualmente prefírese utilizar o termo "incendiarios" para quen inician lumes cun fin determinado e deixar o de "pirómanos" para quen padece esta enfermidade. Nos incendios que se producen durante os veráns en Galiza estas causas humanas intencionadas poden acadar entre o 80% e o 90% dos lumes.
 
* Causas estruturais: Un monte abandonado, con cambio de uso agrícola a forestal; unha poboación rural envellecida e depauperada, un monte inzado de especies pirófitas (eucalipto, mimosas...); unha política forestal favorecedora dos intereses das industrias de madeira de baixa calidade e sen xestión ambiental algunha.
 
Liña 41 ⟶ 38:
 
* '''Nivel 0''': poden ser controlados cos medios de extinción previstos e, aínda na súa evolución máis desfavorable, non supoñen perigo para persoas non relacionadas cos labores de extinción, nin para bens non forestais.
 
* '''Nivel 1''': poden ser controlados cos medios de extinción previstos no [[Plan Infoga]] e inclúen a previsión de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens non forestais que se poidan ver ameazados polo lume.
 
* '''Nivel 2''': na súa extinción está prevista a necesidade de que, a solicitude da [[consellería]] competente, sexan incorporados medios estatais non asignados ao Plan Infoga, ou poidan comportar situacións de emerxencia que deriven cara ao interese estatal. Para a declaración do nivel 2 considéranse dúas situacións:
** '''2.R-0'''. Se nun nivel 0 son necesarios medios non previstos no plan, pero só están en perigo bens forestais, pásase directamente a nivel 2.
** '''2.R-1'''. Estando no nivel 1, precísanse medios non previstos no plan.
 
* '''Nivel 3''': Referido a aqueles incendios que pola súa especial gravidade así sexan declarados polo [[Ministerio do Interior]].
 
Liña 59 ⟶ 53:
 
* [[1989]]: Nos 8.243 incendios declarados en Galiza nese ano arderon 205.392 hectáreas (93.116 delas de masa arborada). Estimáronse unhas perdas duns 15.000 millóns de [[peseta]]s (90 M €). Foron detidos 30 incendiarios.
* [[1995]]: No mes de abril, entre o xoves e o sábado [[Semana Santa|santo]], Galiza viuse afectada en só tres días por uns 600 incendios forestais, cun saldo de 2.000 hectáreas queimadas. Foron detidos catro incendiarios. Ese mesmo ano, entre o 25 e o [[30 de agosto]], rexistráronse máis dun milleiro de sinistros. O [[26 de agosto]] contabilizáronse 280 [[foco (incendio)|focos]] diferentes. O [[29 de agosto]], nos arredores de [[Pontevedra]], ardían os montes en 20 puntos diferentes. O lume tamén afectaba a comarca de [[Santiago de Compostela|Santiago]], [[península do Morrazo|O Morrazo]], o [[Dunas de Corrubedo|Parque de Corrubedo]] ou [[Vimianzo]] e as labaradas rodearon [[O Courel]]. O [[30 de agosto]], 350 incendios mantiñan ocupados os servizos de extinción, onde loitaban 4.000 persoas. O fornezo de [[enerxía eléctrica|enerxía]] de [[Pontevedra]] quedou cortado durante varias horas, ao igual ca algunhas estradas e liñas telefónicas. Foron desaloxadas vivendas na [[A Coruña|Coruña]] e arderon casas no concello da [[A Merca|Merca]]. O balance, unha vez terminada a vaga incendiaria, foi de 4.289 focos de lume, 46.669 hectáreas e 49 detencións.
 
* [[1995]]: No mes de abril, entre o xoves e o sábado [[Semana Santa|santo]], Galiza viuse afectada en só tres días por uns 600 incendios forestais, cun saldo de 2.000 hectáreas queimadas. Foron detidos catro incendiarios. Ese mesmo ano, entre o 25 e o [[30 de agosto]], rexistráronse máis dun milleiro de sinistros. O [[26 de agosto]] contabilizáronse 280 [[foco (incendio)|focos]] diferentes. O [[29 de agosto]], nos arredores de [[Pontevedra]], ardían os montes en 20 puntos diferentes. O lume tamén afectaba a comarca de [[Santiago de Compostela|Santiago]], [[península do Morrazo|O Morrazo]], o [[Dunas de Corrubedo|Parque de Corrubedo]] ou [[Vimianzo]] e as labaradas rodearon [[O Courel]]. O [[30 de agosto]], 350 incendios mantiñan ocupados os servizos de extinción, onde loitaban 4.000 persoas. O fornezo de [[enerxía eléctrica|enerxía]] de [[Pontevedra]] quedou cortado durante varias horas, ao igual ca algunhas estradas e liñas telefónicas. Foron desaloxadas vivendas na [[A Coruña|Coruña]] e arderon casas no concello da [[A Merca|Merca]]. O balance, unha vez terminada a vaga incendiaria, foi de 4.289 focos de lume, 46.669 hectáreas e 49 detencións.
 
* [[2000]]: As intensas choivas de xullo retardaron ese ano a vaga de incendios ata a primeira quincena de setembro. As provincias [[Provincia de Lugo|Lugo]] e [[Provincia de Ourense|Ourense]] foron as máis afectadas. Dez aldeas de Lugo tiveron que ser desaloxadas o [[17 de setembro]] por un incendio en [[Navia de Suarna]]. Os incendios foron especialmente intensos nos arredores de [[Ourense]]. A principios de agosto o lume queimaba montes de [[Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense|Santa Cruz de Arrabaldo]], [[Quintela, Ourense|Quintela]], [[Reza, Ourense|Reza]], [[Velle, Ourense|Velle]] e [[Os Peares]]. Ata setembro arderan 30.000 hectáreas e ao final do ano 45.952 ha.
 
* [[2006]]. {{Artigo principal|Vaga de incendios forestais de 2006}})
** Unha vaga de incendios que comeza o [[4 de agosto]] resulta especialmente prolongada e perigosa, con días que chegaron aos 200 focos activos. A época caracterizouse por altas [[temperatura]]s, sequidade ambiental e vento do [[nordés]]. Nos primeiros días os incendios afectaron fundamentalmente as [[Rías Baixas]] e as comarcas de [[Pontevedra]] e Santiago. Despois estendéronse á [[Costa da Morte]] e aos arredores da cidade de Ourense. Como consecuencia dos incendios faleceron dúas mulleres en [[Cerdedo]] atrapadas polo lume na estrada [[N-541]], un home en [[Cotobade]] mentres participaba en tarefas de extinción, e outro home na [[A Cañiza|Cañiza]], como consecuencia das queimaduras producidas durante os labores de apagado dun incendio.
** Segundo os datos oficiais <ref name="Orixe dos datos">''[[La Voz de Galicia]]'', [[5 de setembro]] de [[2006]] baseándose en fontes da [[Xunta de Galicia]] </ref>, as hectáreas de superficie arborada queimadas ata esa data distribuída por especies e segundo o seu posible uso comercial era:
{| border="1" align="center"
| Especie
Liña 99 ⟶ 90:
|}
 
Rexistráronse 6.997 incendios forestais, que queimaron un total de 93.887 hectáreas, das cales 54.022 corresponden a superficie arborada. Os incendios afectaron especialmente ás comarcas do oeste (80% do total). <ref name=datos2006>''Datos estatísticos básicos de Galicia 2007''. Xunta de Galicia, 2007 (ISSN: 1669-2997)</ref>
 
== Loita contra o lume ==