Faro de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Características: Arranxos varios using AWB
Liña 5:
== Características ==
[[Ficheiro:Pharos_of_Alexandria.jpg|miniatura|esquerda|200px|O faro de Alexandría, segundo Martin van Heemskerck.]]
A súa altura alcanzaba 134 metros, sendo no seu momento probablemente o edificio máis alto do mundo, e para a súa construción utilizáronse grandes bloques de vidro, que foron empregados como cimentos para aumentar a resistencia contra a forza do mar. O resto do edificio era de forma octogonal sobre unha plataforma de base cadrada, e estaba composto de bloques de mármore unidos con chumbo fundido. Na parte mais alta, un grande espello metálico reflectía a luz do sol durante o día, e pola noite proxectaba a dunha grande fogueira até unha distancia de 50  km. Na parte superior do faro había unha estatua, e discútese se era de [[Zeus]] ou de [[Poseidón]], e aínda tamén hai quen di{{Quen}} que había as estatuas destes dous reis gregos.
 
Coa excepción das grandes [[Gran Pirámide de Giza|pirámides de Giza]], só o faro sobreviviu ao resto das Sete Marabillas do Mundo Antigo. Porén, foi severamente danado polos terremotos de 1303 e 1323, até o punto de que o viaxeiro árabe [[Ibn Battuta]] escribiu que lle foi imposíbel entrar nas ruínas. Os restos desapareceron en 1480 cando un [[sultán]] de [[Exipto]], chamado [[Qaitbay]], usou as ruínas para construír unha fortaleza na zona. ''Pharos'' deu orixe á palabra "faro" na maior parte das [[linguas romances]].