Xogo de rol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
Un '''xogo de rol''' é un [[xogo]] en que cada xogador participante interpreta un determinado rol ou papel dentro dunha aventura arbitrada polo chamado director de xogo.
 
Nos xogos de rol, os xogadores, axudados polo Dx (Director de Xogo, Master, Narrador etc.), encarnan os papeis de [[personaxe]]s que habitan outros mundos ou situacións diferentes ás reais, "vivindo" aventuras neses mundos que, normalmente, están pragadas de dificultades, inimigos, xentes e [[raza]]s fantásticas, conflitos e [[maxia]].
 
Os xogos de rol desenvolvense ao redor dunha mesa, na cal se sentan os xogadores que encarnan aos "Px´s" (Personaxes xogadores) e o Director de Xogo. Este, como [[narrador]], conta a [[Discurso|historia]] (preparada con anterioridade), e preséntalles aos xogadores as diferentes situacións en que deberán posicionarse dalgún xeito, sempre actuando dun xeito similar ao que cren que faría a súa personaxe nesas circunstancias. En moitos casos, os xogadores falarán de xeito moi diferente ó que falan na súa vida real, ou mesmo actuando contrariamente ao que crerían correcto se fosen eles mesmos.
 
Para xogar non se precisa máis có libro de regras correspondente ao xogo en cuestión, algúns [[dado]]s de diferentes formas [[poliedro|poliédricas]] (de 4,6,8,10,12 ou 20 caras), uns [[lapis]] e uns papeis, nos caes se apuntan as características ou trazos da personaxe que leva cada xogador.
 
Durante unha partida de rol aparecerán situacións que se poderán resolver dun xeito automático sen a necesidade de tirar dados ou acudir a algunha regra. Para cando esas ocasións non están tan claras, existe o que se chama o sistema de xogo, é dicir, un conxunto de regras máis ou menos sinxelas que delimitan a posibilidade de facer unhas cousas ou outras dependendo do momento.
Liña 12:
== Orixes ==
{{Artigo principal|Historia dos xogos de rol}}
A finais dos anos 60 no [[século XX]] desenvolveuse nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] un novo concepto de [[xogo]]. Neste xogo non había nin fichas, nin taboleiro, nin sequera unhas regras estritas; tan só se baseaba na [[interpretación]], no [[diálogo]], a [[imaxinación]] e no sentido de aventura. Este concepto de xogo foi tomando forma e, a mediados dos anos 70 foi publicado o primeiro xogo de rol como tal, o [[Dungeons & Dragons (xogo de rol)|Dungeons & Dragons]].
 
Hoxe en día hai miles de xogos de [[rol]] diferentes por todo o mundo, redactados en máis dunha ducia de [[lingua]]s, moitos deles dispoñibles en [[internet]] de forma gratuíta.
 
=== Xogos de rol en [[Galicia]] ===
Os xogos de rol chegan a Galicia de mans de editoriais españolas e doutros países. Algúns afecionados comezan a utilizar os xogos en inglés antes da súa popularización en [[España]], pero constitúen unha minoría.
 
Xa durante a [[década de 1990]] hai algúns intentos tímidos por parte dos xogadores de rol galegos por crear proxectos de produción propia. A maior parte son autoeditados polos afeccionados e aínda que algúns contan con algún tipo de subvención oficial, pasan desapercibidos.