Axente biolóxico patóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
En [[Infectoloxía]], un '''axente biolóxico patóxeno''' (do [[lingua grega|grego]] ''pathos'', enfermidade e ''genein'', procrear) é toda aquela entidade biolóxica capaz de producir enfermidade ou dano na [[bioloxía]] dun hospedador (humano, animal, vexetal etc.) sensiblemente predisposto. O mecanismo da [[patoxenicidade]] foi moi estudado e ten varios factores, algúns dos cales son dependentes do axente patóxeno e outros do [[Hóspede (bioloxía)|hóspede]].
 
== A especificidade do hóspede ==
En primeiro lugar debe sinalarse que moitos [[microorganismo]]s son específicos dunha especie animal determinada. Así, o virus da [[varíola]] humana só afecta ás persoas e a ningunha outra especie do reino animal. O mesmo pode sinalarse para o caso da [[febre tifoidea]].
 
Outros patóxenos son compartidos por varias especies, tal como o ''[[Bacillus anthracis]]'', axente do [[carbuncho]] (en inglés, ''anthrax''), o que pode producir enfermidade tanto a bovinos, porcinos, equinos, ovinos, caninos, felinos e humanos. Con todo, a pesar de que este microbio pode afectar a todas estas especies, a gravidade da enfermidade é moi variable dependendo da especie afectada. Por exemplo, o carbuncho ovino é extremadamente fatal pero só causa un carbuncho leve no can. Isto indica que entre o microorganismo e o seu hóspede debe haber, necesariamente, certa afinidade de xeito que os produtos do metabolismo do axente causen severo dano ou unha resposta esaxerada por parte do hóspede.
 
Dende o punto de vista evolutivo aqueles organismos parasitarios que causan a morte do hóspede teñen tendencia a ser eliminados por unha razón moi sinxela: non lle quedan hóspedes para parasitar. Por esta razón só sobreviven aqueles que non son tan patóxenos para o seu hóspede de xeito que o [[parasito]] se poida perpetuar.
 
== Factores intrínsecos ==
En [[infectoloxía]] o hóspede (hospedador) achega ao fenómeno infeccioso un conxunto de factores intrínsecos, que afectan á exposición, á susceptibilidade ou á resposta aos axentes, na produción de [[enfermidade]]s.
 
Estes factores intrínsecos ou atributos do hóspede son: