Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
O '''grego antigo''' (ἡ Ἑλληνικὴ γλῶττα ''hē Hellēnikḕ glō̃tta'') é unha das [[linguas indoeuropeas]], chegada a [[Grecia]] entre os séculos XXV e XVII antes da nosa era. Posteriormente deu pé ao [[grego moderno]].
== Dialectoloxía ==
En orixe, había unha gran variedade de [[dialecto]]s, reunidos en catro grupos: [[arcado-chipriota-panfilio]], occidental ou [[dórico]], [[eolio]] e [[xónico-ático]].
 
Falar '''''do''' grego antigo'' non ten moito sentido se se quere referir a un dos idiomas antigos: nos feitos, porén, '''''o''' grego'' designa o dialecto de Atenas. O ático (dialecto do grupo xónico-ático), lingua da antiga [[Atenas]], é a lingua na que se escribiu a maioría da [[literatura grega]] clásica. Baixo a influencia de [[Alexandre o Grande]], o emprego dos dialectos refreouse, de sorte que o mundo grego utilizase a κοινή ''[[koiné]]'', lingua común (é o senso do adxectivo κοινός ''koinós'') xurdida de varios dialectos do grupo xónico-ático. Esta permitíalle comunicarse co seu exército e ensinábase aos habitantes das rexións conquistadas, converténdose así na ''lingua franca'' da [[antigüidade clásica|Antigüidade]], en competencia co [[latín]]. A ''koiné'' converteuse pronto na lingua oficial do [[Imperio romano de Oriente]], antes de continuar a evolucionar para dar lugar ao [[grego moderno]] de hoxe.
A primeira forma de escritura testemuñada para notar un dialecto grego é o [[lineal B]], un [[silabario]] sen relación co [[alfabeto grego]], que servía para transcribir unha forma arcaica dun dialecto do que máis tarde derivan os do grupo arcado-chipriota-panfilio, o [[grego micénico|micénico]] empregado en Grecia continental e en [[illa de Creta|Creta]] entre [[-1550]] e [[-1200]] aproximadamente. Entre [[-800]] e [[-200]], unha escritura próxima, o [[silabario chipriota]], foi utilizada en [[Chipre]]. Este silabario podería descender do chipro-minoico (cf. infra).
 
Compre notar que existiron en Grecia escrituras máis antigas que o lineal B e o chipriota, sen que se saiba se serviron para escribir o grego:
 
* o [[Lineal A]] (entre [[-1800]] e [[-1450]], en Creta e nas illas do [[mar Exeo]]].
* o [[chipro-minoico]] (entre [[-1500]] e [[-1200]], en Chipre), se cadra derivada do Lineal A.
 
A continuación empregouse o [[alfabeto grego]], herdado dos Fenicios e do [[alfabeto fenicio|seu alfabeto]], que tivo diferentes versións (chamadas [[alfabetos epicóricos|epicóricas]]) a partir dos séculos IX ou VIII e que logo se normalizou e se impuxo ao resto do mundo helenófono por [[Atenas]] en [[-403]]. Ao engadiren as vogais a este [[abjad]] semítico, os Gregos son os inventores dos alfabetos occidentais. En efecto, tomado prestado polos [[Etruscos]] (cf. [[Alfabeto etrusco]]), que o transmitiron aos [[Roma Antiga|romanos]], deu lugar ao [[alfabeto latino]], pero tamén, sen pasar polos etruscos, ao [[alfabeto gótico]], ao [[alfabeto cirílico|cirílico]], ao [[alfabeto copto]],...
 
A [[historia do alfabeto grego]] constitúe un artigo separado.
Por exemplo, os nomes distinguen cinco [[caso]]s ([[nominativo]], [[vocativo]], [[acusativo]], [[xenitivo]] e [[dativo]]), tres [[Xénero gramatical|xéneros]] (masculino, feminino e neutro, ás veces reducidos a unha oposición animado / inanimado) e tres [[número]]s (singular, dual, plural e colectivo para os neutros). O grego moderno xa non emprega o [[dativo]], excepto en certas expresións como ''en taxei'', pero os outros casos consérvanse xeralmente.
 
Hai tres grandes tipos de declinacións, tanto para os nomes como para os adxectivos (tipo en -α/η, tipo [[vogal temática|temático]] en -ος e tipo atemático), que, a súa vez, teñen subtipos. Os pronomes seguen un sistema propio e que, por ter influenciado os tipos nominais,non está moi separado destes.
 
A complexidade da flexión nominal vén da súa riqueza.
=== Sistema verbal ===
''O artigo completo atópase en '''[[Conxugacións do grego antigo]]'''.''
Os verbos teñen tres [[diátese|voces]] (activa, media e pasiva), tres [[persoa]]s e tres [[número]]s. Conxúgase en seis [[Modo gramatical|modos]], catro persoais ([[indicativo]], [[imperativo]], [[subxuntivo]] e [[optativo]]) e dous [[impersoal|impersoais]] ([[infinitivo]] e [[participio]]). Hai sis [[tempo]]s ([[presente]], [[imperfecto]], [[aoristo]], [[futuro]], [[perfecto]] e [[pluscuamperfecto]]), repartidos de maneira desigual entre os modos. Existen algunhas formacións secundarias, como o [[futuro anterior]].
 
Ademais do tempo, o verbo expresa sobre todo, de maneira moi precisa, tres [[aspecto]]s ([[imperfectivo]], [[perfectivo|aspecto cero]] e [[estático]]) e moitos modos de proceso ([[incoativo]], [[iterativo]], [[frecuentativo]] etc.). só o indicativo marca tempo: en todos os outros modos, só se indica aspecto.
381.287

edicións