Disolvente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m →‎Tipos de disolventes: Arranxos varios using AWB
Liña 6:
[[Ficheiro:Na%2BH2O.gif|miniatura|Moléculas de auga (disolvente polar) solvatando un ión de sodio.]]
 
* '''Disolventes apolares'''. En xeral son substancias de tipo orgánico e nas moléculas das cales a distribución da nube electrónica é simétrica, polo que non presentan un polo positivo nin un polo negativo. Non poden considerarse, por tanto, como dipolos permanentes. Porén, isto non implica que algúns dos seus enlaces sexan polares. Todo dependerá da xeometría das moléculas. Se os momentos dipolares individuais dos seus enlaces están compensados, a molécula será, en conxunto, apolar. Algúns disolventes deste tipo son: o [[dietiléter]], o [[cloroformo]], o [[benceno]], o [[tolueno]], o [[xileno]], as [[cetona]]s, o [[hexano]], o [[ciclohexano]], o [[tetracloruro de carbono]] etc.
 
* '''Disolventes polares'''. Son substancias formadas por moléculas con distribucións da nube electrónica asimétrica e, por tanto, as súas moléculas presentan un polo positivo e un polo negativo. O exemplo clásico dun disolvente polar é a [[auga]]. Os [[alcohol|alcohois]] de baixa [[masa molecular]] tamén pertencen a este tipo. Distínguense dous subtipos de disolventes polares:
** '''Disolventes polares apróticos'''. Non liberan [[ión]]s ao medio.